O pasado luns 21 de abril, a compañia de Títeres Cachirulo, fixo desfrutar a maiores e cativos, cunha fantástica adaptación deste conto clásico. Cheo total!
Dentro das actividades do mes dos libros, na biblioteca de Covelo tivo lugar o “Obradoiro de marionetas de papel” a cargo de Viravolta Títeres para os nenos de 9 e 10 anos. Durante hora e media disfrutaron facendo marionetas aplicando os principios da papiroflexia e levando os seus traballos para casa.
O pasado martes 21 de abril, Xanela Ocio visitou a axencia de lectura de Vilariño, grazas ao programa Ler Conta Moito. Cos seus Contos ao revés os 30 rapaces e familiares que asistiron puideron gozar das historias de sempre un pouco enrevesadas… sen dúbida pasamos todos unha celebración do Día do Libro fantástica!
O pasado sábado 18 de abril, Carmen Domech achegouse á nosa biblioteca co seu contacontos de libros contentos para alegrar a nosa Choiva de Contos.

Coa súa maleta chea de libros, cada un deles foi contándonos a súa historia, todas elas moi divertidas.
Máis información sobre este evento neste enlace.
Os máis pequerrechos tamén teñen cabida na nosa biblioteca, así que Charo Pita veu a contar historias, a cantar cancións arrolantes e a xogar co corpo.

Charo tamén sabe como facer distintas voces e ten un aparello que fai distintos sons. Tanto os nenos coma os pais participaron nas cancións facendo ruídos, asubíos, rimando….

Máis información sobre este evento témola neste enlace.
Paco Nogueiras visitou a nosa biblioteca co seu espectáculo “BRINCA VAI! de aquí a acolá” e moita xente visitounos para gozar del.

Mesmo houbo pais e nais que quedaron fora para que todos os pequenos poideran entrar a cantar o Brinca vai!

Un exitazo¡¡ A verdade é que é fantástico, moito ritmo, distintos instrumentos, moi divertido, os nenos (todos bastante pequenos) pasárono bomba. Acabaron todos, nenos e pais, levantados, bailando e cantando.
Como sempre, todas as fotos na galería de imaxes da biblioteca: https://picasaweb.google.com/107424236246286297710/EntreArrolosEContinosAbril2015
Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: venres 15 de maio | 18h
*Inscrición a partir do sábado 2 de maio ás 10.30h
O sábado, 18 de abril, gozamos na biblioteca do CSC As Fontiñas da representación da historia de Quebranoces representada polos monicreques da compañía “Musicreques”. Despois de escoitar o fermoso poema de Marwa Al Aqroubi feito para conmemorar o día do libro infantil e xuvenil deste ano, os monicreques contáronnos as historias do protagonista polo mundo adiante acompañados da música de Tchaicovsky interpretada en directo ó piano.
A actividade é bonita e vistosa, pero un pouco lenta para os nenos máis pequenos.
O pasado luns 20 de abril, dentro das actividades para celebrar o Día Internacional do Libro, a ALM de Oubiña en Cambados foi a primeira en recibir a Xanela Ocio e os seus Contos ao Revés.
A través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia puidemos gozar dunha actividade de animación á lectura dirixida sobre todo aos máis cativos da casa para fomentar a igualdade e o respecto, onde se amosaron historias onde as bruxas son boas e os príncipes, feos
A sesión fixo as delicias de todos os asistentes que permaneceron impasibles durante os 50 minutos da sesión. Na axencia de lectura quixeron homenaxear dun xeito tan orixinal as boas historias e os libros.



Séguenos