Actividade que se levou a cabo o día 25 ás 19:00 na Biblioteca Municipal de Quiroga. Nela participaron unha cincuenta persoas das que uns trinta forón nenos e nenas e o resto familiares acompañantes. Foi unha actividade dinámica e participativa na que os asistentes saíron satisfeitos.
A través dos contos e da música chegamos a un mundo de lendas e anécdotas na que predominou a participación e interacción co público familiar.
O venres 24 de outubro, a Biblioteca de Dodro acolleu o obradoiro “Pintamonas, elefantas e xirafas“, unha actividade para celebrar o Dia de la Biblioteca.
Obradoiro na que os nenos e as nenas plasmaron non papel os seus animais preferidos especialmente coellos, a través do debuxo, mesturas de cores…

A ONG Solidariedade Internacional de Galicia ven traballando desde 1986 a favor das poboacións en países de América Latina, África e a conca do Mediterráneo. Entre as súas prioridades destaca a realización de campañas de animación e de sensibilización dirixidas ós nenos galegos, como a que tivemos a oportunidade de disfrutar este venres na nosa biblioteca. A animadora, María, coa finalidade de facilitarlles ós nenos unha visión intercultural da realidade dos países latinoamericanos, narroulles contos populares, achegándolles ademáis curiosidades, costumes e información xeográfica de cada un deles.


A narradora Sole engalionounos a todos cunha selección de contos de diferentes partes do mundo, combinando as risas cos medos e os silencios cos bailes…moi entretido.
O xoves, 23 de outubro acudiu a biblioteca “A illa d@s nen@s” con este espectáculo que agradou moitísimo
Os participantes aprenderon aspectos científicos sobre a cor, a luz, o son, as matemáticas, a astronomía e sobre o reciclaxe, todo misturado cunha pinga de maxia.


O pasado, día 23 de outubro, contamos na Biblioteca Central con Carlos Roberto Álvarez Taboada e un compañeiro, para levar a cabo a actividade “O misterio do pirata Benito Soto”. Durante unha hora, a rapazada asistente escoitou relatos de misterios e piratas mentras contemplaban a elaboración de debuxos con esa temática, para finalizar creando eles o seu propio debuxo.

Raquel Queizás chegou coa súa maleta chea de contos, adiviñas e bonecas de millo. A maleta está chea de pequenos tesouros cos que nenos e maiores disfrutaron dunha tarde de fantasía.



O xoves 23 de outubro pola tarde Leo Leíño animou con trucos de maxia e humor á rapazada e adultos que pasaron a gozar da actuación, a maga necesitou da axuda dos participantes para levar a cabo algunha das actuacións. A animación tivo unha duración de 70 minutos que pasaron moi rápido, todos os asistentes quedaron contentos co espectáculo.


Séguenos