
25 rapaces de 6 a 9 anos viñeron a Biblioteca de Miño para escoitar “as dúbidas dos animais” de Fátima Fernández. A cita foi as 6 da tarde e todos coincidiron en que o pasaron moi ben. Bonita actividade ben realizada e ben aproveitada.
Narración dunha serie de contos que tiñan como protagonistas os animais. A narradora apoiabase nas ilustraccións dos contos e na súa voz, resultando extraordinaria a atención e participación dos nenos. Excelente a artista Fatima.
O Contacontos tiña un escenario con duas marionetas, contando historias que fan alusión ao 50 Aniversario de “Cantares Gallegos” de Rosalia de Castro. Os nenos seguiron con atención o contacontos, contestando perfectamente as preguntas que facían as marionetas. O resultado moi bon.
Os nenos o pasaron moi ben con Pablisimo cantando e repetindo os seus contos. Os contos breves e cheos de elementos visuais que acompañaban as historias. O final os nenos dixeron que os contaba moi ben, e o resultado final foi excelente.
Obradoiro para os maoires xalleiros no que disfrutar da lectura e o debate é o principal fin desta actividade
O sábado 26 de outubro tivo lugar na biblioteca de Santa Comba un Taller de Instantáneas de Plastilina con María Noel Toledo. Unha mañán na que os pequen@s xalleiros disfrutaron coa plastilina e aos que se lle fixeron curtas as dúas horas que durou o taller
Manuel Solla estivo na nosa biblioteca o mércores 9 de outubro pola mañá. Contounos historias moi graciosas aos mestres e cativos das Escolas Unitarias de Ordes, Olas e Visantoña. A través de “Contos para todos” , os seus bonecos fixeron as delicias do público, así como os seus relatos, preciosos. Os escolares encantados e nós dexexando que volva a visitarnos…


Séguenos