VIAXAR CON SOLE FELLOZA
Sole Felloza guiounos nunha viaxe polo mundo a través de diferentes relatos e bailes.
Sole Felloza guiounos nunha viaxe polo mundo a través de diferentes relatos e bailes.
O 23 de maio o protagonista na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS” foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño.
Ás 11,00 horas a nosa amiga Patricia de EDUVÍA caracterizada do personaxe máxico “Dadá” o Duende, co espectáculo “Contacontos animaliños” relatou aos usuarios do centro ASPAVI (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo) de Pazos, unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais. Aínda que independentes entre sí, todos os contos gardaron o nexo común do respecto polos animais, coa promoción do hábito lector entre a infancia como obxectivo final.
Ao finalizar a actuación se lles fixo entrega aos usuarios de ASPAVI do seus carnés de socios da biblioteca e dun agasallo conmemorativo da Campaña de Captación de Socios realizada pola biblioteca neste ano.
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos tamén disfrutaron do espectáculo noutra sesión a partir das 13,00 horas. As 46 persoas asistentes entre rapaces e maiores gozaron desta sesión chea de contos que lles ia relatando o Duende “Dadá” co obxectivo de fomentar o hábito lector entre eles.
O espectáculo resultou moi dinámico e a contacontos foi metendo aos participantes nos papeis dos animais dos contos facendo que participasen activamente dos mesmos.
Dúas horas en total de risas, xestos, adiviñas… durante as que os asistentes pasaron un rato moi especial.
O 19 de xullo acollimos na ALM de Os Tilos a sesión de contacontos Rodar i Rodari (Contos do tranvía) de Fantoches Baj. Aproveitando o bo tempo e a cercanía da piscina municipal invitamos ós rapaces e rapazas que estaban a darse un baño para que desfrutasen deste espectáculo
Rodar i Rodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que a través do conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. A acollida por parte do público foi moi positiva.
O 21 de maio os amigos de Xanela Ocio e Animación, caracterizados para a ocasión realizaron unha interesante actividade da que disfrutaron tanto os adultos como os rapaces asistentes á biblioteca.
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos pasaron unha hora moi agradable e divertida.
Nesta sesión de contacontos “Mira como cho conto” o conto foi narrado por un animador e ilustrado en directo por outro ao mesmo tempo que se estaba a escoitar, para facerse así unha idea máis ampla do que está a ocorrer.
O 29 de abril tocoulle visita a BIBLIOPAZOS aos nosos amigos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira e como non collían todos tivemos que facelo no Auditorio do Concello.
Os 75 asistentes a esta actividade gozaron do espectáculo “A cara dos contos” de Chus Otero que fixo unha actuación moi divertida e participativa.
Este foi o resultado:
A Biblioteca Pública Municipal do concello de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”, recibiu o día 23 de abril aos alumnos de 1º e 2º de primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, que viñeron visitarnos.
Para esta especial visita tivemos a actuación dos nosos amigos MAU e PIN que desenrolaron unha actividade moi alegre, moi dinámica e moi didáctica na que tiveron en permenente tensión aos rapaces.
O espectáculo “Violeta a carteira bolboreta” tivo unha grande aceptación por parte dos nenos e nenas que pasaron un rato moi agradable e divertido.
Se queredes darlle unha ollada ao libro podedes visitar a biblioteca. Fai clic AQUÍ e poderás saber de que vai o conto.
O martes día 23 de xullo na semana das festas patronais de Covelo, visitounos o Mago Toño co seu espectáculo “Gravidade Cero”. Un espectáculo cheo de sorpresas e gargalladas do que disfrutaron nenos e maiores.
O obradoiro creativo de Xes Chapela, desenvolveuse na nosa biblioteca os días 8,15 e 22 de xullo.Os nenos buscaron nos fondos da biblioteca un fragmento dunha obra co que elaboraron unha curtametraxe durante as sesións: “Alexandra e as tres probas”.
s
“ 
O día 18 de Xullo tivemos na biblioteca o obradoiro “Instantáneas de plastilina” coa ilustradora María Noel Toledo.
Os rapaces asistentes traballaron en grupos, e tras imaxinar unha instantánea dun momento fugaz, a representaron con plastilina dentro dun escenario. O resultado final do proceso foron as fotografías que a propia María Noel sacou ós traballos realizados creando así unha serie de instantáneas do máis orixinal.

O pasado venres 19 de xullo, no marco do programa de dinamización lectora Un verán de conto! da Axencia de Lectura Municipal de Carnota, tivo lugar o obradoiro infantil Violeta, a carteira bolboreta, a cargo de Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Álvarez Taboada (Pin), autores da colección “Polo correo do vento” (Xerais).
O obradoiro comezou coa narración oral dunha historia por parte de Enrique Mauricio, acompañada de ilustracións en vivo da man de Carlos Álvarez Taboada. Para rematar, os participantes realizaron cadanseu debuxo guiados polo ilustrador e colorearon os murais deseñados por este durante a sesión.



Séguenos