Lili Gruyère e o coelliño branco achéganse á ALM de Corvillón
Onte, 19 de outubro, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido coñecer á simpática Lili Gruyère e ao seu amigo e compañeiro nos trucos de maxia, o Coelliño Branco… que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das Bibliotecas en Cambados… aí van unhas fotos!
Séguenos