10/05/2016
A biblioteca Municipal Luís Rei organizou un “maxical”, ou alomenos así o definiron Alvaro Muras e Martín Camiña… esto é un espectáculo de maxia e música que xirou en torno á figura que este ano é homenaxeada con motivo das Letras Galegas, Manuel María.
Varios coles de Cambados xuntáronse no Auditorio Municipal para, a través desta divertida sesión, coñecer dun xeito diferente a vida e obra deste autor. Mentres Álvaro facía soar co seu baixo unha melodía, en paralelo Martín manipulaba cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se xuntaban… todo cunhas notas de humor e coa participación dos pequenos espectadores.
Un espectáculo a todo ritmo que conseguiu entreter e divertir a case 500 escolares… velaí vai a proba:

Séguenos