“Contamos todas” de Brais das Hortas na BPM do Grilo Cacheiras
O venres 27 visitounos en Cacheiras Brais das Hortas e compañía. Contaron contos arredor da iguladade e contra violencia de xénero acompañados ás veces de música. Exitazo asegurado….
O venres 27 visitounos en Cacheiras Brais das Hortas e compañía. Contaron contos arredor da iguladade e contra violencia de xénero acompañados ás veces de música. Exitazo asegurado….
O sábado 14, tivemos a visita de Antía Yáñez, que acompañada de Lúa, contounos a historia de convivencia e respecto á igualdade dentro do patio dun colexio.
O venres 19 recibimos na BPM do Grilo-Cacheiras a visita de Biosbardos co seu espectáculo Cómo axudo a Antón?. É un contacontos sobre o bulling, que se desenrola en dúas partes, unha primeira onde contan a historia, e unha segunda cun pequeno debate sobre o tema,onde os nenos califican o comportamento das persoaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que reparten, e entre todos intentan correxir os feitos que non lles gustan. É un espectáculo moi participativo e que tivo moi boa acollida de pequenos e grandes
O luns 15 de outubro, para celebrar os 10 anos do noso centro recibimos a visita de Óscar Villán, que nunha amena charla iniciou ós rapaces e rapazas no mundo da ilustración a través dos traballos feitos polo creador do Coelliño Branco. tamén houbo tempo para facer un pequeno repaso de algúns artistas importantes na historia da arte. O público non perdeu ollo da explicación.
Séguenos