PAVÍS PAVÓS VOLVE Á BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL A DEIXAR PEGADA
Os contos de Pavís pavós transmiten os valores necesarios para crecer sen dogmatismos nin prexuizos. Contos sobre o racismo, e a homofobia, o machismo e as desigualdades.
Os contos de Pavís pavós transmiten os valores necesarios para crecer sen dogmatismos nin prexuizos. Contos sobre o racismo, e a homofobia, o machismo e as desigualdades.
Manuel Solla, de Expresión Produccións, ofreceunos todo un espectáculo, non só contando contos se non tamén de maxia. Primeiro fixo unha pequena introdución moi amena, dirixida sobre todo aos pais, de porque é tan importante contarlle contos aos nenos e nenas, e de como hai que tratar os libros.
Moitos libros despregables e moita participación por parte dos nenos e nenas, que estaban encantados de colaborar con Manuel. Houbo moitas risas nun espectáculo moi entretido e divertido.
Para saber más sobre este evento, premer aquí.
Leo Leíño e a súa axudante volveron de novo á nosa biblioteca co seu espectáculo de Maxia Cómica renovado:
Acompañáronse tamén dun fermoso coelliño de indias que foi a sorpresa ao comezo do espectáculo.
Triatreros veu á Biblioteca Ánxel Casal a contarnos contos sobre como e que comer e tamén dalgúns dos trastornos máis habituais da alimentación.
Coa lectura dramatizada de contos sobre comida, coñecemos os tipos de alimentos, as intolerancias alimentarias e aprendemos a comer de todo. A través das historias mergullámonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.
Para saber máis sobre este evento clicar neste enlace.
Raquel Queizás visitounos coa Maleta da avoa, na que traía un lote de contos e historias como as que a súa avoa Brígida contáballe cando ela era unha nena pequerrechiña. “Eu non conto contos, nena eu conto VERDADES”… Así comezaban as historias a calquera hora do día, almorzando pan con leite, lavando a roupa no río, debullando millo.
Os nenos e nenas estaban moi atentos ao que dicía Raquel Queizás e participaban en todo o que ela lles propoñía : cantar, subir ao escenario, etc.
A todos gustounos moitos porque Raquel domina a escena e coñece unha morea de historis e contos da tradición oral.
Para saber máis sobre este evento clicar neste enlace.
Paco Nogueiras visitou a nosa biblioteca co seu espectáculo “BRINCA VAI! de aquí a acolá” e moita xente visitounos para gozar del.
Mesmo houbo pais e nais que quedaron fora para que todos os pequenos poideran entrar a cantar o Brinca vai!
Un exitazo¡¡ A verdade é que é fantástico, moito ritmo, distintos instrumentos, moi divertido, os nenos (todos bastante pequenos) pasárono bomba. Acabaron todos, nenos e pais, levantados, bailando e cantando.
Rematamos este ano de Ler conta moito, na nosa Choiva de contos dos sábados, coa Asociación Musical Musicreques que nos deleitaron coa sua obra As aventuras de Quebranoces.
Interpretación en directo ao piano de O Quebranoces de Tchaikovsky, e un conto no que os personaxes descubren a beleza da amizade, da lectura e da música.
Máis información sobre este evento, aquí.
A piques de rematar o ano, chegou Magín á nosa biblioteca coas súas cancións e as historias de viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, Rosalía pequeniña e moitas máis.
Houbo tanta xente que algunha non poido entrar, pero Magín prometeunos volver con máis sorpresas para levarnos a tantos lugares como queiramos.
Máis información sobre este evento, aquí.
Obradoiro nos que os rapaces pintaron nas súas mans as personaxes as que logo lles darían vida facéndoos falar, inventándose unha historia, un conto.
Cada man era unha nova protagonista para as historias que contamos
Xuntos conseguimos crear un novo conto que poidemos representar coas nosas mans feitas títeres.
Máis información sobre esta actividade no Facebook da nosa biblioteca clicando aquí.
Os nenos e nenas da Biblioteca Ánxel Casal axudaron á Cucarandainas co seu contacontos, non só dramatizando os contos, senon tamén creando as súas pequenas historias
Inventando historias creamos outros mundos nos que seguemos tendo a posibilidade aprender
Máis información sobre este evento no Facebook da biblioteca clicando aquí.
Séguenos