Cantacontos para bebés con Pablo Díaz na ALM de Carnota

Moito desfrutamos o pasado venres en Carnota con Pablo Díaz e o seu “Cantacontos para bebés”, un espectáculo que combina música en directo e narración oral e que aborda temas e rutinas especialmente adecuadas para a primeira infancia.
Cantamos cos libros da colección “Do berce á Lúa”, bailamos ao son da guitarra e gozamos a mais non poder coas historias do gato lambón e do ratiño Paco.
Pasámolo de marabilla!
















Séguenos