Lectura, ecoloxía e rock en Cambre, da man de Pakolas
A Biblioteca Central María Pita de Cambre encheuse de boas vibracións co espectáculo ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’.

A Biblioteca Central María Pita de Cambre encheuse de boas vibracións co espectáculo ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’.





O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha efeméride moi especial que aproveitamos para traer cada venres de mes un espectáculo de animación para toda a familia. Un xeito de reivindicar o libro e a lectura a través do teatro, a narración oral e a música. Ler máis →
Pakolas é un espéctaculo infantil que combina pequenos contos con moralexa coa música rock ao tempo que se van ilustrando por Laura Romero as personaxes que saen neses contos, de xeito que o resultado final é unha dinamización musical de contos cantados con guitarra e ao ritmo de rock rollo acompañada de debuxos ,na que todxs os nenos interactúan con xestos, bailes e coros ao ritmo das cancións.
Este venres 13 de setembro, tivemos ocasión de disfrutar dete espectáculo na Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Concello de Valadouro, 140 nenos e nenas do CEIP Santa María do Valadouro foron o público afervoado que aplaudiu e coreou as cancións de Pakolas de principio a fin.

O domingo 21 Pakolas visitou As Pontes co seu espectáculo muiscal Cores, contos e Rock’n’Roll. Nestas xornadas nas que o bo tempo nos permite trasladar a biblioteca ao parque, desfrutamos da boa música e da enerxía que sempre nos trae Pakolas. Ademais nesta ocasión tamén dos debuxos de Laura Romero que aos nenos e nenas das Pontes encantáronlles.
Aires de Rock soplaron no Valadouro, concretamente Contos, Cores e Rock and Roll un espectáculo co marchoso Pakolas facendo a voz e guitarra eléctrica. Veu acompañado da ilustradora Laura Romero virtuosa e áxil aos pinceis que era capaz de debuxar os personaxes que cantaba o seu compañeiro no tempo breve dunha canción. Pakolas cantou con ritmo vibrante e pegadizo as historias de moitos personaxes que habitan nas páxinas do seu libro. O furafollas pequeno animaliño que vive no bosque ao pé das árbores, A simpática e brava Quenlla que surca o mar, Baldomero o mero que busca un tesouro no fondo do mar e pesca no faro, o pato perseguido por un chef inglés que quería convertilo en pato á naranxa,, a canción Ri, salta como un mono na selva tropical…outras Campeón internacional que acompañou dun raro instrumento chamado theremin. Pakolas fixo de todo, non só cantou, tamén demostrou ser un inmellorable imitador de animais ou ser capaz de facer un solo de batería cos sons da propia boca.
Os nenos, aplaudiron, fixeron coros, bailaron no patio de butacas e non querían marchar…un verdadeiro éxito de crítica é público no Salón de Actos da Casa da Cultura de Valadouro.
O día 8 de setembro tivemos festa no Centro Sociocultural de Conxo con Pakolas¡ Música infantil con estilo próximo ao rock para compartir en familia. Viñeron a participar do concerto uns corenta nenos acompañados das súas nais e pais dentro da programación da XXXI Semana Cultural de Conxo; e debido á boa temperatura e climatoloxía fíxose en espazo aberto. En total serían unhas oitenta persoas.
Na véspera do Día do libro , puidemos desfrutar na Biblioteca do Grilo-Caheiras das “Parábolas de Pakolas”. Trátase dun espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música rock e máis estilos que entusiasman aos nenos e ás nenas. Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. Nin a calor desanimou á rapazada. Puro rock…



Séguenos