Hoxe vimos moi concienciados para protexer o planeta e por iso o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo nos vai ensinar unha morea de accións que podemos facer polo clima. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos E hoxe, que foi o primeiro que dixeches cando espertaches? A que é bonito espertar en galego! Fixácheste, ...
No CEIP O Couto de Ourense están a traballar o achegamento á pintura e máis concretamente ás mulleres pintoras. Vexamos que nos ensinan no seu vídeo. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Se cadra non coñeces moitas pintoras galegas. Traémosvos un vídeo onde poderedes ver moitas obras de pintoras galegas que se moven lentamente ...
Este martes imos ata o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, un dos coles de Galicia onde estudan alumnas e alumnos de procedencias máis diversas. O seu alumnado vainos falar de igualdade a través de exemplos concretos de mulleres que están na súa contorna. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos Agora falamos ...
Analizamos como nos vai Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. Parabéns! Seguro que es das persoas que se está implicando moito e tes aí o teu galego funcionando a tope. Hoxe é luns e tócanos reflexionar. Fixácheste como guapeaches falando en galego? Como levas isto de falar sempre en galego? ...
Ola familia! Como vai a fin de semana? Para xogardes todos xuntos en familia este domingo traémosvos vídeos de adiviñas e refráns realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis, no CEIP García Barbón de Vigo, no CEIP López Ferreiro de Santiago de ...
Ola familia! Como foi esta semana falando en galego? Para xogardes todos xuntos en familia este sábado traémosvos vídeos de adiviñas e refráns realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis, no CEP Campolongo de Pontevedra, no CEIP A Ramallosa de Teo, no ...
E chegou o venres, hoxe imos ir ata Santiago de Compostela para encontrar as nosas amigas e amigos do CEIP López Ferreiro que nos van falar de mulleres imprescindibles. Vexamos os seus vídeos. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos Todos temos mulleres imprescindibles. Cal é a túa muller imprescindible? E por que é ...
Este xoves imos traballar as emocións co alumnado do CEP Campolongo de Pontevedra. Saber xestionar as emocións é unha aprendizaxe indispensable para as persoas. Nos seus dous vídeos, as alumnas e os alumnos van definindo e analizando cada unha das emocións para que as poidamos recoñecer. (Preme nas imaxes para ver os vídeos) Conversamos Ola, ...
Hoxe imos ata Vigo para coñecer o alumnado do CEIP García Barbón que, a través do cine, traballa o ODS número 3, Saúde e benestar. Fixádevos ben en que o vídeo remata cun rap moi marchoso do alumnado de 1º ciclo. (Preme na imaxe para ver o vídeo) A profesora Eva López Quiroga explícanos este ...