Escornathon

Do 18 ao 22 de novembro terá lugar unha nova edición da Maker Faire Galicia, unha feira un pouco diferente polas circunstancias sanitarias por mor da COVID19 que se desenvolverá integramente en formato vitual. Nesta feira atoparás xornada específica adicada á educación no día 20 con mesas temáticas, propostas maker, obradoiros na rede e proxectos maker dende os centros galegos.

Integrada nesta iniciativa educativa poñemos en marcha unha iniciativa na rede xa que dende Aula Nova queremos someter aos nosos Escornabots a un reto conxunto argallado entre os participantes da Maker Faire Galicia, será un reto dirixido a toda a comunidade educativa (alumnado e docentes) e á comunidade maker, falamos do Escornathon.

Os obxectivos do reto son:

-Fomentar a participación da comunidade educativa na feira.
-Promover unha cultura maker de aprendizaxe e colaboración en comunidade.
-Dar a coñecer a programación e a robótica en etapas educativas.

As liñas básicas do reto son:

-Copia no teu espazo a peza básica da programación analóxica do Escornabot publicada en Thinkercad, está baseada no deseño de Pablo Rubio.

Se queres empregar Tinkercad podes atopala nesta ligazón.

Para a súa descarga libre podes atopala aquí.

Peza do reto

-Modifica a peza creando unha “nova programación” do Escornabot. As ordes que hai que executar serán as que podes darlle o robot:

  • adiante
  • atrás
  • dereita
  • esquerda
  • números do 1 ao 6

Non esquezas manter as dimensións orixinais para que encaixen unhas coas outras, podes engadir debuxos, logos ou letras. Suxerimos o emprego do programa en liña Tinkercad para a transformación directa das pezas ou calquera programa de deseño.

Formas de participación:

-Publica a túa peza en Tinkercad, tamén podes liberar o deseño no repositorio Thingiverse dende Tinkercad (enviar a) empregando as etiquetas #escornabot, #galiciancode, #makerfairegalicia, #CAFI_AulaNova.

-Imprime a peza en calquera cor e fai un envio postal nun sobre a AulaNova CAFI Galicia Rúa Lamas de Abade s/n 157002 Santiago de Compostela, non esquenzas engadir detrás da peza o teu nome, a categoría na que participas e un teléfono de contacto. Podes participar con varias pezas, fai o envio para que cheguen antes do día 20 de novembro.

Por favor, comunica a túa colaboración enchendo este formulario de participación.

-Con todas as pezas recibidas formaremos unha gran secuencia de programación e retaremos a Escornabot a executala. Colocarémolas por orde de chegada. Será quen  de conseguilo o Escorni???

(No caso de non ter impresora 3D podes enviarnos a peza para imprimir pero ten que estar publicada nun repositorio dixital con antelación ao envio (Tinkercad e Thingiverse). Dende Aula Nova imprimiremos un máximo de 20 pezas e deben ser remitidas antes do 17/11/2020).

-Acompañando ao reto teremos dous padriños, por unha banda o padriño nacional: Pablo Rubio, maker de Zaragoza e formador de Escornabot. Acompañando o noso padrino nacional teremos un padriño galego, un dos pais do Escornabot, e formador docente Xoan Sanpaíño, que compartirá protagonismo e funcións. Os dous serán os membros do xurado que escollerá as mellores propostas xunto con algún represante de Aula Nova.

As categorías para participar e merecedoras de premio propostas son:

Premio ao mellor deseño do alumnado.
Premio ao mellor deseño do profesorado.
Premio ao mellor deseño do maker. Este maker destinará o seu premio a un cole galego e exercerá de mentor achegando o seu coñecemento e axuda.

Os premios constarán dun kit de montaxe Escornabot e material maker. As pezas gañadoras serán públicoadas na páxina da Maker Faire.

O noso obxectivo final será crear un kit viaxeiro de iniciación a programación con Escornabot con todas as pezas achegadas no reto para poder emprestar aos centros galegos co fin de traballar a programación e a robótica educativa dende as etapas iniciais.

Próximamente crearemos e publicaremos unha pinga de aprendizaxe en Agueiro relacionada co reto e cos Escornabots. Agardamos a vosa participación neste reto calborativo.