Ideas, propostas e premios, participa no Escornathon

Tes unha boa idea, tes un premio. Esa é a filosofía deste Escornathon, colle a peza base do reto e dálle unha volta cun programa de deseño que domines e crea unha peza única e personalizada. O máis sinxelo é xa traballar en Tinkercad, un  programa en liña na que podes deixar lista a peza e exportar no formato .stl lista para laminar. Tamén podes empregar outro programa que coñezas, tipo FreeCad ou similar e incorpora os elementos que prefiras ou logos.

Lembra que na túa peza tes que inclíir unha orde para o Escornabot, ben unha orde de movemento:

-Adiante

-Atrás

-Dereita

-Esquerda

-Arriba

-Abaixo

Ou podes crear unha peza numérica, do 1 ao 6, e poden ser adaptadas ás necesidades dos nenos e nenas, deixa voar a túa imaxinación e ponte no seu lugar para creala.

 

Outra das liñas do reto é compartir, liberar todas as pezas para que calquera poida descargala e formar o seu propio kit por iso solicitamos a ligazón da peza pública. Xa o podes facer tamén no Tinkercad e logo facer o mesmo noutros repositorios de pezas 3D para compartir coa comunidade maker.

 

Non esquenzas encher o formulario para rexistrar a túa participación, xa que importante para contactar e entregar o premio do marathon.

 

Nas tres categorías temos os seguintes agasallos tecnolóxicos:

1.Premio ao mellor deseño do alumnado. Unha cámara de acción GoPro 4 con accesorios e un kit completo para montar un Escornabot Singularis (pezas 3D e electrónica).

 

2.Premio ao mellor deseño do profesorado. Unha cámara 360 Ricoh Tetha e un kit completo para montar un Escornabot Singularis  (pezas 3D e electrónica).

 

3.Premio ao mellor deseño do maker. 4 Kits completos para montar un Escornabot Singularis (pezas 3D e electrónica). Este maker destinará o seu premio a un cole galego.

 

As pezas impresas dos Escornabot son doadas polo Departamento de Mantemento do IES Politécnico de Vigo. O noso agradecemento por esta contribución e en especial ao profesor Marcos Febrero polo seu traballo dedicación. 

As pezas gañadoras e os seu deseñadores serán publicadas na páxina da Maker e daranse a coñecer o domingo 22 de novembro cando o xurado ditamine os gañadores.

O noso xurado está formado polos makers: Pablo Rubio e Xoan Sanpaíño expertos no robot Escornabots e na impresión 3D. 

Deseña, crea e gaña, agardamos as vosas pezas.