Parabéns aos premiados e premiadas
Dende Aula Nova queremos dar as grazas a todos os participantes no Escornathon, tanto os docentes galegos, alumnado e tamén aos makers, vos sodes os grandes protagonistas e unha parte moi especial deste singular reto. As vosas pezas teñen moito valor e representan as vosas interpretacións persoais para guiar ao Escornabot.
Queremos dar tamén as grazas aos padriños do reto Pablo Rubio e Xoan Sampaíño polo seu bo facer e polo apoio constante, son dous magníficos makers que levan o nome do robotiño moi lonxe. Tiveron unha tarefa difícil dada a gran calidade, orixinalidade e cantidade de pezas presentadas a concurso.
Agradecemos tamén o traballo de impresión de pezas 3D de Escornabot doadas para os kits dende o Departamento de Mantemento do IES Politécnico de Vigo, o noso recoñecemento para os seus docentes e alumnado colaborador.
Reunido virtualmente o xurado do reto, Pablo Rubio e Xoan Sampaíño, facemos pública a súa resolución:
-Premio para a mellor peza do alumnado dotado cunha cámara de acción Go Pro, un kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para as pezas da Clase Roja de Nuestra Señora de Lourdes de A Coruña. O xurado destaca o seu sentido didáctico para a súa aplicación posterior e o traballo en grupo no deseño e significado das pezas.
https://www.thingiverse.com/thing:4655491

-Premio para a mellor peza do profesorado dotado cunha cámara 360 Ricoh Tetha, un kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para a peza Xiros de Marcos Febrero. O xurado destaca a versatilidade da peza e o esforzo do deseño para conseguir o xiro do eixo e da frecha.
https://www.thingiverse.com/thing:4655491

–Premio para a mellor peza do maker dotado con 4 Kits completos de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para a peza Escornatintón de Rafa Couto. O xurado destaca a posibilidade de combinación de posicións do elemento central e o coidado deseño da peza.
https://github.com/brico-labs/Pezas-impresas/tree/master/Escornathon

–Accésit a mellor peza inclusiva dotado cun kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para Rosa Garrido. O xurado recoñece o gran traballo inclusivo do xogo presentado sendo unha alternativa cando non se ten impresora 3D e alumnado con deficiencia visual.

Parabéns a todos e todas por participar neste reto e en especial aos premiados/as polos seus deseños.