Aprendendo na Maker Faire Galicia 2020

Se participaches nunha feira maker saberás que a interacción entre os membros é unha parte relevante do evento, podes falar, contactar cos participantes dos expositores, ser parte dun obradoiro ou podes escoitar a algún persoeiro relevante no universo argalleiro.

Este ano gozamos dunha panorámica anómala, envoltos nun escenario virtual onde nos desprazabamos para interaccionar con hologramas ou expositores e conectabamos cos outros participantes empregando as videoconferencias. A parte positiva foi a amplitude de horarios, xa que os expositores estaban abertos para a súa visualización en todas as xornadas, e continúan abertos para seguir explorando contidos e atopar información.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade estaba representada no expositor do CAFI. Este expositor estaba formado por 6 paneis interactivos e un vídeo central onde un robot, CAFIBot amosaba a benvida aos visitantes. 

Cada panel consta dunha imaxe vertical, que o premer nela desprega un espazo que contén unha imaxe horizontal, un pequeno texto explicativo e información audiovisual (vídeo na canle de Youtube de CAFI Galicia). Esta é a descrición dos paneis, ao despregarse aparecía a imaxe horizontal, a información textual e o vídeo inserido:

  • Panel 1-Coñece CAFI AulaNova.

    Aula nova, é un espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación dispoñible para o profesorado galego onde podedes probar, desenvolver e materializar un proxecto que teñades en mente ou repensar, probar e poñer en práctica as liñas metodolóxicas de traballo na aula.

  • Panel 2-CAFI Audiovisuais. 
  • O novo equipo formado de CAFI Galicia dará forma aos contidos audiovisuais que acompañarán ao traballo desenvolto neste Centro de Formación e posibilitará o desenvolvemento de novos produtos de información e comunicación.

  • Panel 3-CAFI Actividades de Formación. 

    No CAFI ofértanse actividades aos docentes de Galicia dentro do Plan Anual  de Formación do Profesorado, moitas delas desenvolvéronse no novo espazo de traballo, a Aula Nova. As temáticas foron moi diversas na busca dunha experimentación práctica e colaborativa.

  • Panel 4-CAFI Robótica educativa. 

    Os docentes poden empregar os robots traballando en proxectos pluridisciplinais con diferentes niveis e opcións, buscando integrar a programación e o pensamento computacional que repercuta no futuro do seu alumnado.

 

  • Panel 5-Escornathon

    Dentro da xornada de educación podes formar parte do marathón de impresión 3D onde poderás presentar unha peza a concurso para programar de xeito analóxico un robor Escornabot. Todas as pezas formarán parte dun kit para empréstito para centros educativos.

  • Panel 6-Proxectos Maker. 

    Amosamos unha panorámica de 13 proxectos maker que os docentes galegos están a levar adiante nas súa aulas. Poderás escoitar tamén ao alumnado participante e coñecer estas iniciativas innovadoras. Todos os vídeos estarán en aberto no canle de Youtube do CAFI.

Tivemos unha participación activa na mesa temática: Tecnoloxía e educación, moderada por Luz Castro con Carmen Fernandez Morante da USC, Conchi Fernández de CAFI Galicia e Carmela Salgueiro de Vermislab onde se trataron temas actuais relacionados coa temática proposta.

Formamos parte do xurado que avaliou a exposición e fundamentación dos proxectos maker procedentes do call, 10 proxectos de  centros de primaria, secundaria e Formación profesional (Premio categoría maker: Dispositivos fronte a COVID19) do IES Maximino Romero de Lema de Baio e premio categoría minimaker: Desplastifícate do IES Ponte dos Brozos).

Tamén promovemos un reto de impresión 3D, o Escornathon,  entre toda a comunidade educativa e maker en forma de marathón de pezas para formar un kit de préstamo con ordes para o Escornabot, seguindo a filosofía maker con publicación e liberación das pezas para a súa reutilización posterior.

A Maker Faire aporta moita información de consulta, posibilidade de conexión con outros docentes, exploración de proxectos e, sobre todo, un espazo virtual para seguir formando comunidade.