Tes un problema? No pensamento de deseño está a solución.
O pensamento de deseño ou design thinking é un método formado por unha secuencia de etapas que permiten xerar ideas innovadoras, está centrado en entender un problema, poñerse no lugar da persoa afectada e dar unha solución ás necesidades reais dese usuario que as necesita.
Einstein xa nos adiantaba: “Non podemos resolver problemas utilizando o mesmo tipo de pensamento que usamos cando os creamos” é por iso que son necesarias novas olladas, novas perspectivas e por tanto novas respostas para tratar de chegar á solución. Lembra sempre que os problemas son grandes oportunidades de mellora e avance podendo converterche nun axente activo do cambio e a transformación do proceso ensino-aprendizaxe.
O DT empézase a desenvolver nos anos 70 de forma teórica na Universidade de Stanford en California (EEUU), sendo a consultora de deseño IDEO a súa principal precursora. Hoxe en día é unha valiosa ferramenta na aula, sobre todo no desenvolvemento de proxectos STEM e STEAM xa que nos ofrece:
-Mellor colaboración e experimentación
-Soluciones adaptadas á aula
-Maior creatividade
-Incrementar a motivación do alumnado
-Superar os momentos de estancamento
-Incorporación de sesións dinámicas e participativas
Podes utilizar este proceso de deseño para mellorar o currículo, os espazos educativos, os procesos escolares, as ferramentas, os sistemas e os equipos de traballo sendo adecuado para todos os membros da comunidade escolar: docentes, alumnado e familias.
No DT aplicado a educación vas atopar 5 fases nun enfoque plenamente estruturado para a xeración e a evolución das ideas onde alternarás diverxencias e converxencias do pensamento. antes de iniciar as etapas é aconsellable dedicar un tempo a dúas cuestións importantes:
1.Define un desafío. Aquí abordarás mediante un proceso reflexivo o problema que debe estar ben acoutado e delimitado, será o punto de partida, é unha pregunta á cal non é necesario dar agora mesmo resposta.
2.Crea un plan de proxecto. a través dun deseño colaborativo podes secuenciar as túas ideas nun cronograma ou plan de traballo, usa materiais visuais e removibles como os post it para xerar etapas nun espazo inspirador de ideas.
Unha vez que explores e acordes os dous puntos anteriores é o momento de iniciar as 5 fases:
Fase 1. Descubrimento. Aquí entenderás o desafío, prepararás a investigación e reunirás a inspiración aprendendo entre iguais.
Fase 2. Interpretación. Dedicada a narrar historias inspiradoras, buscar significado e formular oportunidades dunha maneira visual.
Fase 3. Ideación. Terás a oportunidade de xerar en primeiro lugar as túas ideas, todas son válidas, non hai boas ou malas, e de agrupalas e seleccionar as mellores a continuación para logo facer unha mellor descrición e síntese.
Fase 4. Experimentación. Dedicarás toda a túa atención ao desenvolvemento de prototipos, son unha primeira idea do produto onde feixes tanxible a túa idea, poden ser maquetas, diagramas, xogos de rol, etc, van acompañados sempre dunha retroalimentación obtendo melloras doutros equipos e participantes.
Fase 5. Evolución. Nesta fase realizarás un seguimento das túas aprendizaxes realizando un seguimento no tempo, podes realizar unha documentación do proceso e planificar os seguintes pasos. A continuación presenta e defende o teu concepto á audiencia e constrúe alianzas. A colaboración e a construción dunha comunidade física ou virtual son as túas metas.
Se queres implementar o DT na túa aula podes inscribirche no curso “G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking” en Fprofe, convidámosche tamén a revisar esta estas ligazóns de interese que che permitirán introducirche nesta temática.