Experimentamos cos Levitadores ultrasónicos e os Hologramas DYI

A levitación  ultrasónica é un fenómeno físico non lineal relacionado coas ondas acústicas. Trátase dun método para suspender materia no aire contra a gravidade utilizando presión de radiación acústica de ondas de son de alta intensidade. Son esas ondas acústicas as que logran manter ao obxecto suspendido (pequenas partículas,  gotículas..) no aire sen necesidade de contacto.

Nesta formación, dinámica e activa, ou docente dispoñerá dun kit individual de traballo que recibirá no seu centro e que formará parte da dotación STEM/STEAM do mesmo unha vez superada a formación.

As súas características son:

1.Duración: 8 horas

2.Modalidade: Videochamada vía Webex con apoio dunha aula virtual Moodle na plataforma do CAFI

3.Horario: de 18.00 a 20.00 horas

4.Sesións de traballo: 4 sesións de dúas horas

5.Calendario: 10, 13, 17 e 19 de abril

6.Contido das sesións:

  • Sesión 1: Introdución e montaxe 1

  • Sesión 2: Montaxe 2 e actividades didácticas 1

  • Sesión 3: Outros levitadores e actividades didácticas 2

  • Sesión 4: Hologramas DIY

7. Docente: Impartido por Asier Marzo Pérez, profesor de Estatística, Informática e  Matemáticas,  Linguaxes e Sistemas Informáticos  na  Universidade Pública de Navarra. A investigación de Asier Marzo céntrase en utilizar o son e a luz para manipular a materia. Para esta tarefa a informática é unha ferramenta imprescindible. O seu traballo aparece en varios programas de televisión así como en numerosos blogues de tecnoloxía e ciencia ( xataka,  microsiervos, I  fucking  love  science). O obxectivo principal é facer a súa investigación, dispositivos e software accesibles de forma gratuíta para todos.

Requisitos da formación:

–Coñecementos en soldadura.

–Coñemecementos en programación co Arduino IDE.

 

Inscrición en FProfe co código da actividade.