Hackobeo: Segue a frecha amarela

Lembras a Pelegrín? Foi a pequena mascota xacobea no ano 1993, o seu éxito foi contar cun deseño de formas sinxelas e cores chamativos que tivo moita pegada. Pasaron os anos e agora tes a oportunidade de darlle nova vida reinterpretando o deseño orixinal. E-téxtiles, corte láser, materiais reciclados, electrónica, etc. todo vale neste #hackobeo, aceptas o reto?

Esta é unha pequena transformación do pelegrin orixinal  instalando un circuito eléctrico sinxelo: pila de botón de 3v, 2 leds, fio condutivo e un pulsador formando por pequenas pezas de costura metálicas para poder manexalo. É un circuito cosido, moi doado de facer co teu alumnado.

Neste titorial podes atopar axuda paso a paso para facer un. 

O obxectivo do reto non é facer Pelegrin, a idea é crear novas versións actualizadas e diferentes desta figuriña como o Moucho CAFI.

Podes incorporar máis compoñentes electrónicos, deixa voar a túa creatividade e  explora e comparte novas solucións. Podes participar neste reto dentro da xornada de educación da MFG21 do 4 de xuño, nalgunha das tres categorías:

-Alumnado maker

-Docentes maker

-Makers argalleiros

 

Enche o formulario e envía unha foto ou vídeo da túa proposta, teremos uns premios moi costureiros.

Bearables Bear KitBearables Fox Kit

Grandes premios en cada categoría que serán outorgados por un xurado presidido pola gran mestra #maker de los e-téxtiles e madriña desta inciativa, Paola Guimeráns.

Comparte as túas propostas en RRSS co #hackobeo 

Agardamos a túa mascota maker #DYI #DIWO. Segue a frecha amarela.

DURACIÓN DO RETO: Desde o venres 28 de maio ata o domingo 6 de xuño ás 20:00 horas

Frecha amarela, pngtree