Olladas Caleidoscópicas en Educación Dixital 2021

19. Xuño 2021
Olladas Caleidoscópicas en Educación Dixital 2021
Nas xornadas virtuais de Educación Dixital organizadas polo CAFI no pasado 8 de maio tivemos a gran sorte de compartir a nosa experiencia en Olladas Caleidoscópicas dende tres perspectivas: A ollada da facilitación. A ollada  da participación A ollada da observación Son tres olladas diferentes pero complementarias que deron forma a esta actividade de creación 

Hackobeo: Segue a frecha amarela

27. Maio 2021
Hackobeo: Segue a frecha amarela
Lembras a Pelegrín? Foi a pequena mascota xacobea no ano 1993, o seu éxito foi contar cun deseño de formas sinxelas e cores chamativos que tivo moita pegada. Pasaron os anos e agora tes a oportunidade de darlle nova vida reinterpretando o deseño orixinal. E-téxtiles, corte láser, materiais reciclados, electrónica, etc. todo vale neste #hackobeo, aceptas 

Arduino Day en Aula Nova

20. Abril 2021
Arduino Day en Aula Nova
É unha celebración de aniversario da placa Arduino a nivel mundial que este ano tiña lugar o 27 de marzo. Desde Aula  Nova non queriamos deixar pasar a ocasión de celebralo ao grande cunha feira virtual de proxectos na rede de todos os centros galegos. Así que nos puxemos ao choio e contactamos con eses 

Xuvenciencia. Aprender facendo

16. Marzo 2021
Xuvenciencia. Aprender facendo
Esta actividade ofrece formación específica sobre o método científico e o deseño de experimentos para o profesorado de secundaria. Traballáranse as distintas fases dun traballo científico desde a toma de datos e o procesamento e presentación dos mesmos (estatística descritiva, elaboración de gráficos mediante follas de cálculo ata a discusión dos resultados e a presentación dos mesmos en forma de 

Visita e planifica o teu proxecto na Aula Nova

21. Xaneiro 2019
A Aula nova está pensada para todo o profesorado que queira experimentar con linguaxes de programación (Arduino, Scratch…), robótica, impresión 3D, electrónica básica, kits de mecanismos e montaxes, simuladores de procesos, cortadora láser, máquina de control numérico (cnc), edición fotográfica, de son e de vídeo, animación, traballo con dispositivos móbiles, aplicacións educativas, drons, realidade virtual, 

Aula Nova: espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación.

19. Outubro 2018
Aula Nova: espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación.
Sóanche as palabras “fab lab”, “espazo maker” ou “aula do futuro”? Ao igual que eses espazos, a Aula nova concíbese como un lugar de traballo comunitario, flexible e agradable onde a metodoloxía está orientada á amplificación da aprendizaxe, ao desenvolvemento da creatividade, á innovación e á autonomía do alumnado.