Arduino Day en Aula Nova
É unha celebración de aniversario da placa Arduino a nivel mundial que este ano tiña lugar o 27 de marzo. Desde Aula Nova non queriamos deixar pasar a ocasión de celebralo ao grande cunha feira virtual de proxectos na rede de todos os centros galegos.
Así que nos puxemos ao choio e contactamos con eses docentes inquietos que non se resisten a permanecer pasivos a pesar das circunstancias. A tarefa era sinxela, enviar unha foto do proxecto e outra da persoa que o recomendaba acompañado dunha ligazón á publicación, a un documento compartido ou aínda vídeo.
Queriamos encher a rede de proxectos baseados en Arduino e dar voz a eses profesionais da educación, para iso programamos tuits na rede Twitter durante todo o día compartindo unhas tarxetas informativas cos datos, de tal maneira que se querías replicar o proxecto atoparás a información e puidéselo desenvolver. O hashtag empregado foi #ArduinoD21.
Compartimos o noso certificado como entidad organizadora do evento.
Este é o resultado da nosa feira. Queremos agradecer unha vez máis a participación destes docentes, sen a súa estreita colaboración non fose posible.
Moitas grazas a todos e todas, o ano que vén máis e mellor.