Cando a natureza inspira ao mundo dos robots.

Dende fai un tempo seguen chegando novas da investigación nun campo ata agora pouco explorado dentro da robótica e dos autómatas, estamos a falar dos robots brandos inspirados na propia natureza, nos exoesqueletos e esqueletos pneumáticos e nas formas nas que os seres vivos modifican para adaptarse ao medio ambiente onde viven. Así podemos explorar novas propostas en forma de extremidades lixeiras parecidas as dos polbos e os vermes, cuns movementos lixeiros, máxicos, pausados e envolventes.

Octobot foi o primeiro robot autónomo e brando que xurdiú  e que non contén electrónica xa que está accionado por microfluidos e está fabricado empregando a impresión 3D. O seu funcionamento é sinxelo, poseendo un sistema pneumático accionado por un gas a presión que é liberado nunha reacción química que é quen de inflar os brazos do polbiño.

Para a súa creación empregaronse unha combinación de tres tipos de materiais:

  • Caucho de silicona (PDMS)
  • Un xel para formar as redes actuadoras (tinta fuxitiva)
  • Unha substancia que leva con Platino (tinta catalítica) que é un potente catalizador na reacción de combustión.

O robot ten unha autonomía limitada de 10 minutos e podería ser usado nun futuro en biomedicina ou tamén como wereable.

Fablabs españois, como FabLab León, e internacionais fan unha aposta por este tipo de robots. A pregunta nestos momentos é se nun escenario de futuro os veremos formando parte de propostas de aula nun tempo non moi lonxano.

Para consultar e saber máis:

Robótica blanda rompiendo o paradigma da robótica tradicional.

O primeiro robot autónomo enteramente brando.