School Innovation Forum 2022

17. Xuño 2022 Divulgacion

Organizado por  European  Schoolnet este evento celebrouse fisicamente en Bruxelas a pasada semana ao que asistiron destacados expertos no campo da educación. Nestas xornadas analizáronse  as tendencias actuais e compartíronse boas prácticas para tratar de integrar as TIC nas aulas poñendo o foco en fomentar a colaboración e fortalecer  alianzas entre os organismos públicos e tamén con empresas.

Este ano a Aula do futuro en Bruxelas cumpre 10 anos sendo un laboratorio de carácter innovador e inspirador que permite probar novas metodoloxías así como  testear solucións e ferramentas adecuadas para os centros educativos.Esta aula potencia o desenvolvemento dunha ambiciosa rede de aulas similares por toda Europa apoiada por embaixadores que tentan axudar a exportar a idea e evolucionar as aulas tradicionais  cara a outros modelos máis activos.

 

Tendencias emerxentes na educación europea

Marc Durando, director executivo de  European  Schoolnet, no seu discurso de apertura  salientou sobre o papel da tecnoloxía e a educación dixital que sempre foron importantes pero que se viron impulsados a gran velocidade debido ao impacto da pandemia do COVID-19.

Non debemos esquecer que a tecnoloxía por se sóla non é un foco de innovación xa que debe de ir acompañada sempre cunha mirada cara á atención á diversidade, a inclusión e á equidade. Tamén destacou a importancia do uso responsable dos datos, moitas veces sensibles, así como o fomento da investigación educativa por parte dos docentes.

Rehana  Schwinninger- Ladak, Xefa da Unidade “Tecnoloxías interactivas, dixitais para a cultura e a educación”, en  DG  CONNECT, Comisión Europea, sostivo as ideas iniciais de Marc Durando afirmando que a tecnoloxía non é a panacea educativa e que debemos ter presente o plan de acción de Educación Dixital que se centra en desenvolver un ecosistema de educación dixital de alto rendemento e mellorar as habilidades e competencias dixitais para todos os involucrados na educación e a formación, onde os docentes ten un papel moi activo transformando dixitalmente o seu centro converténdoo nunha organización que aprende día a día.

Outra idea importante é a formación do colectivo docente para promover e consolidar as habilidades dixitais destacando o traballo realizado pola  CodeWeek.

 

Oportunidades e leccións da pandemia 

Tracey  Burns, Asesora Estratéxica e Investigadora Distinguida do Centro Nacional de Educación e Economía (EE.UU.) reflexionou sobre as oportunidades derivadas do gran impacto da pandemia enlazando co benestar emocional e psicolóxico, tanto do alumnado como dos docentes. Esta asesora destaca o gran esforzo por diminuír as desigualdades e a importancia que se lle dá crear unha comunidade resiliente capaz de afrontar novos retos e desafíos nunha realidade cambiante e unha contorna flexible.

 

Ata que punto pódense apoiar as escolas?

Como resumo deste  forum destacamos:

  1. A importancia da formación dos docentes
  2. O desenvolvemento da infraestrutura adecuada para utilizar a nova tecnoloxía
  3. A creación de aulas dinámicas apoiadas en novos modelos de aprendizaxe

Para iso é necesario realizar un diagnóstico previo personalizado identificando as necesidades de cada centro, unha detección de necesidades achegando logo solucións de mellora para cada situación. Para iso Jan de  Craemer, presidente de  European  Schoolnet destacou a seguinte idea ca que pechamos este artigo.

“As escolas non deben ser consumidores pasivos de tecnoloxía educativa. En cambio, as escolas deben estar á vangarda dos desenvolvementos tecnolóxicos para a aprendizaxe e o ensino”

Nesta representación visual de Katie  Chappell pódese revisar un resumo deste evento.

Fonte:

http://www.eun.org/news/detail?articleId=8434008