A lenda do home paxaro

Na nosa mobilidade en Istambul tivemos a oportunidade de visitar algúns dos lugares emblemáticos desta marabillosa cidade. A Torre Gálata atópase na beira europea, é unha torre construída estratexicamente sobre un lugar elevado cunhas grandes vistas sobre todo o Bósforo, no seu interior coñecemos a historia de Celebi.


Hezârfen Ahmed Çelebi foi un lexendario aviador otomán de Istambul, a antiga Constantinopla, que supostamente lograría un voo sostido sen motor desde a torre de Gálata ata o distrito de Üsküdar, seguindo os pasos doutros científicos musulmáns inquedos e desexosos de novas emocións. A súa fazaña é moi pouco coñecida e non transcendeu practicamente a occidente.

O soado escritor e viaxeiro otomán, que percorreu o imperio durante 40 anos, Evliya Çelebi, afirmou presenciar ese voo. Os habitantes da cidade referíronse a este brillante inventor co nome de Hezarfen que facía referencia ao seu amplo coñecemento da natureza xa que estudou o voo das aves e fixo numerosos experimentos en terra para medir a resistencia do seu prototipo dotado dunhas ás artesanais que deseñou, construíu e modificou varias veces antes de realizar o seu voo histórico.

Evliya conta nos seus escritos en 1630 que Hezarfen logrou atravesar o Bósforo cunhas ás similares ás dunha aguia. Tras nove intentos errados e accidentados, desenvolvidos noutras zonas altas da cidade, conseguiu aterrar sen lesións importantes doutro lado, na praza Dogancilar de Uskudar, cruzando así o Estreito de Istambul que une o Mar Negro co Mar de Mármara. Cóntase que o Sultán,  xunto á súa gran familia e os habitantes do lugar, contemplaban marabillados e incrédulos a súa fazaña sendo recompesado por ela.

Jelican9, orixinal work by Abuk SABUK – Traballo propio, CC BY-SA 4.0

Pero isto non é todo, tamén coñecemos a historia de Lagâri Hasan Çelebi outro lexendario aviador otomán que, un ano despois do seu irmán, segundo un escrito tamén por Evliya Çelebi, realizou un exitoso voo noutro artefacto inventado por el mesmo. Así, lanzouse nun foguete cargado con 140 libras (uns 64 kg)  de pólvora, desde Sarayburnu localizado nun punto debaixo do Palacio de Topkapi en Istambul. Dicíase que o voo levaría a cabo no momento do nacemento da filla do sultán Murad IV. Despois de ascender no foguete, aterrou no mar e conseguiu chegar nadando a terra.

Doutra banda coñécese a historia de Abu l-Qāsim Abbās ibn Firnās, un precursor da aeronáutica que viviu na época do Emirato Omeya no Al Ándalus e que foi quen de construír o primeiro planeador de transporte humano tendo un voo moi exitoso co mesmo.