Learning Transnational Training Activity Estambul (Design FILS) Xuño 2022

Os días 20 a 23 de xullo o equipo do proxecto Design FILS do proxecto Erasmus+ KA2 Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores” (Design FILS) trasladouse a Istambul (Turquía) para asisitir á reunión transnacional liderada polo socio coordinador. A ela asistiron todos os socios das sete institucións dos seis países que forman parte do proxecto.

Esta mobilidade estivo formada por dúas partes:

1.Primeira parte: Conferencia Internacional (días 20 e 21 de xuño)

O seu obxectivo principal era todo o grupo con académicos, responsables políticos, investigadores, educadores, embaixadores das Future Classroom Lab e docentes para dialogar sobre políticas, intercambiar perspectivas innovadoras sobre a educación, conectar teoría e práctica, e compartir as mellores prácticas para deseñar entornos de aprendizaxe innovadores.

O seu programa, que pode consultarse completo nesta ligazón,  foi o seguinte:

  • Luns 20 xuño 2022 / 9.45-17.15 h 
    • Benvida 
    • Panel
    • Charlas e obradoiros
  • Martes 21 xuño 2022 / 10.15-18.00 h 
    • Panel
    • Charlas e obradoiros
    • Cerimonia de peche

2. Segunda parte: Xornadas de traballo do proxecto (días 22 e 23 de xuño)

Nestes días o grupo de traballo avanzou no desenvolvemento dos temas propios do proxecto que son importantes para ir pechando etapas de cara á finalización no mes de setembro-outubro.

Da Conferencia Internacional destacamos a intenvención galega de Fátima García Doval,  Xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia titulada “Poles of Creativity and Plan for New Pedagogical Architecture” onde amosou unha perspectiva actual sobre a estratexia educativa de Galicia e o seu sistema educativo:

Sistema educativo galego

contemplando unha visión do desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e da implantación dos Polos Creativos que son a evolución dos espazos maker xa instalados en 20 centros educativos galegos e que van formar parte de máis de 200 centros neste vindeiro curso académico.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica Galicia

Podes consultar toda a información sobre os polos nesta ligazón e sobre o Plan neste vídeo.