Itinerarios formativos Aula Nova 2022-2023

27. Setembro 2022 Formación/Eventos

Benvidos e benvidas ao novo Plan anual de formación do profesorado de Galicia que publicouse neste mes de setembro. Entrando no programa de xestión educativa, FProfe, podes atopar toda a información sobre 6.200 actividades formativas con 95.000 prazas ofertadas neste curso.

Baseándonos na nosa experiencia do curso pasado redeseñamos unha nova oferta con 7 itinerarios de aprendizaxe que correspóndense con temáticas actuais nas que os docentes poden adentrarse modelando o seu perfil competencial profesional. 

Actividades formativas Aula Nova 2022-2023

Premendo nesta imaxe podes atopar a nosa proposta en formato imaxe interactiva para os tres trimestres do curso 2022-2023. Cada un deles está identificado co seu número (1, 2, 3) pero lembra que agora mesmo podes inscribirte exclusivamente nas actividades do primeiro trimestre.

Neste planificación podes atopar 7 itinerarios formativos:

1.AulaNova Maker propón un achegamento ao mundo #maker aprender facendo e desfacendo.

2.AulaNova Lab é a liña enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos de aula en formato laboratorio.

3.AulaNova Investiga é unha liña para impulsar a investigación docente para implementala nas aulas poñendo o foco en novas temáticas como o metaverso e a realidade virtual inmersiva.

4.AulaNova Dixital achega unha oportunidade de coñecer o programa E-Dixgal e mellorar a competencia dixital dos docentes e coordinadores de proxecto en varias das súas áreas.

5.AulaNova No espazo. A fase rexional do proxecto Cansat é o eixo desta formación para coordinadores/as de equipos en centros galegos. Esta formación, dividida en varias sesións on line, dará soporte ao traballo desenvolto nas dúas misións espaciais (primaria e secundaria).

6.AulaNova Programa. Aprender a programar é un dos obxectivos do docente #STEM #STEAM incorporando as novas aprendizaxes directamente aos seus proxectos de aula.

7.AulaNova IA. A Intelixencia Artificial chegoú as aulas para quedarse e formar parte delas. Nesta opción podes achegarte ao manexo de datos e iniciarte nas propostas básicas.

 

Para poder participar busca o código ou nome en FProfe, revisa as condicións formativas e logo inscríbete. Pasarás un proceso selectivo condicionado polos requisitos do curso e os seus criterios e poderás experimentar a formación en primeira persoa.

Desexamos que esta proposta sexa útil para toda a comunidade docente, por favor non dubidedes en achegarnos calquer proposta de mellora sobre ela.