Día Internacional Ada Lovelace
Que é?
O Día Internacional de Ada Lovelace (ALD) é unha celebración de carácter internacional que ten como obxectivo recoñecer os logros das mulleres no campo STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e á vez visibilizar á figura de Ada, a primeira muller que programou un ordenador.
O seu principal obxectivo é aumentar a presenza das mulleres nas carreiras STEM así como crear novos referentes (próximos e afastados) que serán futuros modelos para as nenas que estes momentos cursan estudos. Outra finalidade deste día é apoiar ás mulleres que xa traballan nestes campos.
Cando se celebra?
O Día Internacional de Ada Lovelace foi fundado no ano 2009 por Suw Charman-Anderson, para ser celebrado anualmente o segundo martes de outubro, neste ano celébrase o día11.
Para que se celebra?
É coñecida a gran fenda de xénero que existe nas carreiras técnicas e a existencia dun teito de cristal para as mulleres por iso compre combater as desigualdades e minimizar os estereotipos dende etapas temperás . Que podemos facer dende as aulas?:
– Visibilizar os logros, descubrimentos e invencións das mulleres en áreas STEM
-Crear novos referentes femininos a través de historias sobre mulleres en áreas STEM
-Fomentar o interese de nenas e mulleres por estudar e traballar en áreas STEM, inspirándoas e axudándoas a desenvolver as súas capacidades
Que tipo de evento pode levarse adiante no eido educativo?
Neste día é posible programar e desenvolver multitude de eventos, desde os máis simples, como as publicacións e carteis divulgadores a distintos niveis a outros máis complexos como talleres, charlas, visitas, etc.
Quen foi Ada Lovelace?
Ada foi a única filla do poeta Lord Byron. Desde moi pequena recibiu unha educación non tradicional para unha muller do seu tempo xa que a súa nai deseñou un ambicioso plan de estudos para ela onde as matemáticas adquiriron un peso relevante. Aos 21 anos empeza a estudiar lóxica matemática pola súa conta mentres se integra na alta sociedade londinense.
Nesta época coñece a Charles Babbage e céntrase na máquina calculadora mecánica de uso xeral a chamada Máquina analítica. Dedicoulle un profundo estudo a ese artefacto engadindo notas que ían máis aló do estudo inicial do autor onde describía tecnicamente o seu funcionamento polo miúdo (poden revisarse ao final do estudo). Entre esas notas sobre a máquina atópase o que se recoñece hoxe como o primeiro algoritmo.
Ada Lovelace Life, Katjalei en Wikimedia CC-BY-SA-4.0
Só ela conta cunha linguaxe de programación de alto nivel que leva o seu nome: Ada.
Comparte a túa proposta
Pode empregar algúns destes #AdaLovelaceDay #DíaAdaLovelace #ALD22
Para saber máis
Podes consultar a publicación Científicas, pasado, presente y futuro. da Universidade de Sevilla (páxinas 8-11).