Aula Nova: espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación.

Infografía

Sóanche as palabras “fab lab”, “espazo maker” ou “aula do futuro”? Ao igual que eses espazos, a Aula nova concíbese como un lugar de traballo comunitario, flexible e agradable onde a metodoloxía está orientada á amplificación da aprendizaxe, ao desenvolvemento da creatividade, á innovación e á autonomía do alumnado.

Neste novo espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación dispós de:

  • Espazo para a comunicación, a expresión e presentación de traballos. Dispón de cadeiras de pa con rodas que se poden mover a vontade para que todos/as poidan verse, unha mesa de presentación cun pequeno soporte regulable, un atril con micrófono, unha pantalla interactiva na que se pode escribir con lapis electrónico, xiz ou rotulador e unha cabina de gravación de son.

Comunica

  • Espazo de colaboración e interacción. Nesta área, dividida en varias zonas, e con mobiliario variable e modulable, terás a oportunidade de experimentar diversas formas de organizar o espazo para fomentar a interacción coa axuda de diversos medios: mesas con taboleiros individuais que tamén serven para separar espazos, cómoda cabina con sofás e monitor ou mesas triangulares cun centro de carga para dispositivos móbiles.Colabora
  • Espazo de creación. Aquí podes traballar individualmente, centrándote na creatividade e nas habilidades comunicativas para crear vídeos, facer deseño gráfico ou experimentar co pensamento visual. Tes unha zona chroma, dúas tabletas gráficas de alta resolución e software de edición de imaxe e vídeo (Adobe CC).

Crea

  • Espazo de prototipado. Esta zona de traballo conta con distintos recursos e ferramentas de mecanizado e electrónica para investigar e aprender de xeito informal, esbozando, probando e creando un produto para dar solución a un problema ou necesidade.

Prototipa

  • Espazo de deseño e creación. Está equipada con dúas mesas e cadeiras onde traballar colaborativamente no desenvolvemento de proxectos e na creación de pequenos obxectos empregando os recursos dispoñibles (placas de Arduino, pezas impresas en 3D, robótica entre outros).

DeseñaVén coñecer a Aula Nova!!!

Tríptico informativo

Cartel da Aula Nova

Etiquetas