Nadal e folerpas de neve

Estamos xa rematando o ano, hai uns días chegou o inverno e con el o frío, o Nadal e posiblemente a neve. É unha época do ano para incorporar aprendizaxes observando a natureza e os procesos que nela sucédense cos cambios de estado. Destes cambios podemos abstraer ideas e levalas á beira maker para desenvolver novos proxectos.

Empecemos coa xeometría, a  forma hexagonal do floco de neve foi descrita por Kepler en 1611 dentro do estudo denominado «De nive sexangula» que foi un brillante agasallo de nadal destinado a Rodolfo II de Habsburgo. Esa forma regular está determinada principalmente por dous factores físicos, Ukichiro Nakaya enlazou  a temperatura e humidade como causantes do fenómeno. O hexágono é forma de cristalización máis corrente pero poden existir outras baseadas noutras figuras como os triángulos ou mesmo os dodecágonos xa que calquera alteración mínima na temperatura ou humidade fai que se adquira unha forma ou outra.

En 1885  Bentley fotografou miles de flocos (+ de 5.000) empregando técnicas de microscopía observando infinidade de diferenzas entre eles polo que chegou á teoría de que non hai dous flocos de neve idénticos. Podes explorar a súa colección no New York Heritage.

En 1936 logrou crear os primeiros flocos de neve artificiais e clasificounos en 7 grandes categorías.

Queres ollar como se forma unha folerpa en segundos a toda velocidade neste time lapse?

A partir desta idea seguiuse investigando chegando a dúas clasificacións:

Como nos gustou o tema queremos levalo máis aló e crear flocos con elementos electrónicos, os Arduinoflakes. Nesta páxina tes o traballo de Jiri Praus e neste Github todo o proxecto en aberto por se queres seguir experimentando.

Podes atopar máis informacion relacionada nestas ligazóns:

 

 

Etiquetas

, ,