Ola camiñantes, Hoxe queremos compartir con vós algunhas cousiñas máis… Imos presentarvos un novo membro do Plan Proxecta (xa sabemos que despois de novembro xa non nos dan permiso, pero que lle imos facer). Chámase Frida e leva acompañándonos en busca de bens culturais dende fai xa unhas cantas semanas. O motivo?? O desenvolvemento do ...
Hoxe 6 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Sagrado Corazón de Lugo visitaron o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, onde Carolina Casal Chico, museóloga e conservadora do museo, desenvolveu unha actividade titulada “Tecendo ao redor do patrimonino cultural”. Mediante o caderno que podedes ver na seguinte ligazón, ...
Con este proxecto pretendemos coñecer, divulgar e valorar o noso patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo para acadar unha conciencia que converta ao alumnado en defensores activos do seu patrimonio. O traballo desenvolverase a través das diferentes áreas curriculares, sendo a Biblioteca do centro o eixe vertebrador ...
As cousas do Camiño van amodiño, e nós bailamos ao seu ritmo!! E aínda que xa fai algún tempo que comezamos (a árbore de Nadal da foto delátanos) entre ir aquí, acolá e más alá non temos tempo de compartirlo con vós. A primeira actividade que fixemos foi de auténtico adestramento. As frechas amarelas axudáronnos ...
Está aberta a inscripción nas “II Xornadas de Educación e Patrimonio. Experiencias e prácticas de educación patrimonial en Galicia”, que se celebrarán no Museo das Peregrinacións e de Santiago os días 19, 20 e 21 de abril. Na seguinte ligazón podedes ver o programa e os datos de contacto para facer a inscripción. http://www.edu.xunta.gal/eduga/axenda/2018/ii-xornadas-educacion-patrimonio O ...
O 6 de marzo celebrouse na Sala de Xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Secretaría Xeral de Cultura un sorteo para elexir á alumna que representará á Comunidade Autónoma de Galicia no X Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial que este ano terá lugar en Madrid e Córdoba entre o 6 e ...
“Había unha vez un cole no que tanto profes coma alumnos chegaban cada mañá coa ilusión de aprender novas cousas…..” Así podería comezar o nos conto. As ganas de comezar novos proxectos foi o que nos impulsou a un grupo de profes a participar no Plan Proxecta “Mirando polo Camiño”. O equipo está formado por ...
O Camiño de Inverno é unha ruta de peregrinación a Santiago elixida no medievo por moitos peregrinos para entrar en Galicia, sobre todo na época invernal, evitando así os cumios nevados do Cebreiro e as conseguintes dificultades que a neve e a friaxe conlevan, amais da dificultade orográfica. O Camiño de Inverno, que ...
Para ver as distintas actuacións deste proxecto que se desenvolve no C.P.I. Plurilingüe de Vedra recomendamos visitar os seguintes enlaces: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/taxonomy/term/124 https://www.facebook.com/vedramedra/?fref=ts
Aproveitando a futura declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural e o impulso da candidatura para a declaración de Patrimonio da Humanidade, preténdese promover entre a comunidade educativa o traballo co patrimonio etnolóxico da comarca dun xeito antropolóxico, identificando aqueles elementos, tanto da arquitectura tradicional (vivendas, construcións para o traballo, etc) como ferramentas ...