Nos festexos do Nadal en Padrenda nunca falta o grupo XERMOLARA, composto por alumnado do CPI Padrenda-Crespos e que ano tras ano interpreta as panxoliñas e felicita á veciñanza polas festas. Xermolara@ naceu no ano 1987, vencellado ó colexio de Padrenda, contando co impulso decisivo de Benito Fernández Ferreiro, párroco de Crespos e profesor de ...
Un elemento fundamental do patrimonio cultural do Nadal son as personaxes que agasallan aos nenos e nenas, xunto coa iconografía e as representacións festivas e musicais que os acompañan. A principal representación desta tradición na vertente relixiosa é a dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar chegan de oriente no serán do 5 de xaneiro ...
A historia do Concello da Pastoriza remóntase á prehistoria, xa que os primeiros restos arqueolóxicos datan desa época, pero sóbrannos motivos para realizar un proxecto que poña en valor o seu patrimonio tanto natural (a lagoa de Fonmiñá, en Terras do Miño, declarada reserva da biosfera), como histórico, xa que son abundantes os xacementos arqueolóxicos ...
Primeira parte da Charla para o alumnado de 1º da ESO e Bac dentro das Actividades do Plan proxecta 2024- Educación Patrimonial. COLOQUIO SOBRE O FULIÓN DE MOURELA con Joaquín, o avó de Alicia e Daian. Organizado polo Equipo de Dinamización la Lingua Galega (Dep. Lingua Galega. Iria Fernández Moscoso)
Neste primeiro trimestre realizáronse tres actividades que pretenderon sensibilizar ó alumnado e ver o estado dos seus coñecementos previos sobre o patrimonio material e inmaterial próximo a eles. Na primeira iniciativa presentáronse diferentes imaxes e o alumnado tiña que respostar de forma oral ás seguintes cuestións: “que son?”, “que representan?”, “son valiosas? por que?”. Posteriormente, ...
“Hipocaustos na Ribeira Sacra?” é un proxecto no que o alumnado de 3º ESO está a traballar no presente curso 2023-2024 para, precisamente, dar resposta a esa pregunta. A primeira actividade que se realizou foi unha enquisa moi sinxeliña sobre os hipocaustos a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente. O resultado, un ano ...
Nestes primeiros meses, dende o IES Miraflores de Oleiros, estivemos preparando o plan de traballo para poñer en práctica ao longo do segundo e terceiro trimestre. Queremos implicar a boa parte do alumnado do centro neste proxecto dende a materia de Eduacción Plástica Visual e Audiovisual axudadas pola implicación directa co Museo de Belas Artes ...
Un traballo de Iria Fernández Moscoso profesora de Galego e coordinadora do EDLG co alumnado: Daniela, Eva e Mariña (1ESO) Arturo (2ESO) Lidia (3ESO) Noa M, Marino, Diego, Martina, Zaida e Marcelo (4ESO) Noa, Dani e Paula (1BAC) Profesora: Iria Fernández Moscoso PODES ESCOITAR OS RELATOS AQUÍ
Atopámonos nunha das máis antigas e extensas fronteiras de Europa e do Mundo. Dende que Portugal naceu como reino no século XII, o río Troncoso sinala o punto fronteirizo máis setentrional da fronteira galaico-portuguesa. Case 900 anos nos que, malia ser Padrenda punto baixo vixilancia, sempre nos mantivemos moi preto dos nosos veciños. De feito, ...