SAÍDA PARA COÑECER A HISTORIA DA CONTORNA

26. Outubro 2023
O luns, 25 de setembro o alumnado da ESO do IES Xermán Ancochea de Pobra de Trives, realizou un roteiro,  xunto cun grupo de profesores, para visitar a Morrena de Chaguazoso e o val glaciar de Prada.  Todo isto foi supervisado polo departamento de Xeografía e Historia,  con explicacións da profesora Ana García Earley.  

Charlas do alumnado de 3º ESO e vídeo que gravaron explicando o que aprenderon e fixeron durante o curso. Póster “Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra”.

Entre finais de maio e  principios de xuño tivemos as última sesións do noso ciclo de charlas. Desta vez, os relatores foron os alumnos/as de 3º ESO que explicaron aos seus compañeiros de 1º, 2º e 3º ESO e ao profesorado, o que aprenderon durante este curso sobre as alvarizas de Galicia, sobre todo da ...

Ciclo de charlas sobre a Ribeira Sacra (alvarizas e Ecomuseo de Arxeriz): Carme Toba Trillo, Suso Verao e alumnado do Ciclo Superior de Turismo

Para coñecer un pouco máis a nosa contorna (sobre as alvarizas, sobre Arxeriz), a principios de maio iniciamos un ciclo de charlas. Unha das relatoras foi Carme Toba Trillo (natural da Costa da Morte, e membro de Apatrigal, Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego) que nos explicou, entre outras cousas, a orixe das alvarizas, ...

Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra

“Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra” é un proxecto no que o alumnado de 3º ESO e do Ciclo Superior de Turismo están a traballar no presente curso 2022-2023. Empezamos a traballar polo mes de novembro facendo unha enquisa moi sinxeliña sobre as alvarizas (“Sabes que é unha alvariza? “De ser afirmativa a túa ...

Compartindo saberes: videoconferencia entre o alumnado do IES Río Cabe (Monforte de Lemos) e do IES San Mamede (concello de Maceda) sobre a olaría tradicional da Ribeira Sacra

O pasado 15 de xuño tivo lugar unha das últimas actividades relacionadas co Plan Proxecta no que o alumnado de 3º ESO estivo traballando durante todo este curso. A actividade consistiu nunha videoconferencia entre o noso centro (IES Río Cabe, en Monforte de Lemos, Lugo) e o IES San Mamede, no concello de Maceda, Ourense. ...