O venres 24 de maio visitou á sección infantil da nosa biblioteca PABLÍSIMO cos seus Contos de Sobremesa. Espectáculo de narración oral, onde desfilaron innumerables historias,contos,personaxes,bonecos enriba dunhas mesiñas. Os nenos e nenas que asistiron á biblioteca disfrutaron moito do espectáculo , sobre todo os máis pequenos. Os nenos/as participaron de forma activa do espectáculo e pasaron unha tarde moi divertida.
Valga celebrou o Día do Libro co obradoiro creativo de Expresións Producións: Dende o Punto ó Infinito, taller de expresión corporal e plástica con dramatización de contos, todo iso acompañado de diversión e traballo en equipo.
Na biblioteca os nenos fixeron unha representación cos personaxes creados no obradoiro.
O día 17, o Auditorio de Cordeiro encheuse de ratos cando o Grupo Trinketrinke desembarcou procedente de Lonxedetodo, para falarnos de que alí non existe a exclusión social.
” Somos diferentes, somos iguais”, actividade de promoción á lectura realizada por unha actriz, que nos fixo gozar nunha tarde repleta de contos poesías e cancións.
O día 28 de abril o autor Miro Villar estivo con nós, no Auditorio Municipal ao lado da biblioteca, para facernos unha narración, para primeiros lectores, baseada nas súas obras : Carlota a marmota, A cobiza do verme Noel e Rebelión na charca.
A este contacontos asistiron uns 30 nenos na compaña dos seus pais.
O día 23 de maio, a escritora e contadora de contos, Charo Pita, achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para agasallarnos cunha chea de historias e cancións para as e os máis pequenos e as súas familias.
Desfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas cos contos e cancións para os/as máis pequenos narrados con efectos sonoros, libros de imaxes e rimas escoitadas á calor das apertas.
Se queres comprabar como desfrutaron os máis pequerrechos visita a Galería Fotográfica de Bibliotecas Municipais A Coruña
A actividade forma parte do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
O pasado 16 de maio, Bea Campos e David, de Migallas Teatro chegaron á Biblioteca Municipal do Pereiro de Aguiar de Ourense para que os bebés compartisen cos seus pais, nais e avós un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns.
Bea contounos a súa versión do conto clásico A galiña roxa acompañada da música do acordeón e a voz de David. Logo contáronnos outros contos ensinando aos cativos que todos van … ao baño a facer pís e caca (como lles gustou esta canción aos pequenos!!!!) , a ler co libro da lua, …
E remataron a sesión desa tarde coa canción de despedida de arrolos e con outro agasallo de Bea e de David… a canción de A saia de Carolina.

Para celebrar o día do Libro, 23 de abril, a biblioteca recibiu unha actividade cargada de humor, interacción e diversión, da man da compañía SEIS DEDOS e a súa actuación “VARIETES”
Os cativos que acudiron á biblioteca pasaron un rato moi divertido, vendo pasar diante deles diferentes personaxes como unha cabra que tiña medo, unha médium que quería adiviñar, un trapecista, unha cupletista …
Foi un espectáculo dirixido a cativos do que os maiores tamén desfrutaron a esgalla.



Séguenos