Larraitz estivo opasado día 2 cos máis pequenos e pequenas dos CEIP San Isidro e Maciñeira na Casa da Cultura de Neda.
Un percorrido por o máis clásico dos contos infantís: os reis, os príncipes e princesas, coas súas debilidades e fortalezas, para potenciar os valores positivos e romper os estereotipos.
Fátima Fernández seduciu aos nenos (de todas as idades) e aos adultos que os acompañaban.
Puro entretenimiento para público familiar.
Espontaneidade e creación foron os recursos empregados polos nenos e nenas que participaron na actividade. Logo dunha seinxela explicación das técnicas axeitadas para pintar os títeres nas mans, os rapaces/-as puxéronse “mans a obra” con resultados moi sorprendentes.
Antía estivo cos rapaces de sete anos do centro escolar Sada y Contornos traballando a poesía e os seus recursos.
O día 2 de outubro as 18:00 Fátima Fernández nos contou unha boa chea de contos de animais cos seus medos, fixonos rir, fixonos berrar, pero sobretodo disfrutar da sua maleta chea de contos
Nestas últimas tardes de calor conseguimos encher a zona infantil coas familias e os nenos que viñeron dende todas partes do concelllo a disfrutar dunha profesional da narración coma Fátima que sempre conecta co público infantil tanto coma cos seus pais.
O venres 4 de outubro, ás 18’30 horas, desenvolveuse na Bibliteca de Nós unha das actividades do programa Ler conta moito.
Titulada “Abrapalabra”, a sesión consistiu nun espectáculo de maxia no que o mago Carlos Coira fixo alarde da súa maestría cos truco de maxia que deixaron aos asistentes, tanto rapaces como adultos, coas bocas abertas máis dunha vez.
A complicidade creada entre o público e o mago propiciou que a xornada resultase do máis amena e divertida.
64 persoas, das que 36 eran rapaces (15 nenos e 21 nenas) e 28 adultos (11 pais e 17 nais) disfrutaron desta sesión que axudou a dar a coñecer os libros de maxia existentes na biblioteca e facilitou o seu préstamo.
O sabado 5 de outubro ás 17:30, os máis pequenos e pequenas tiveron unha cita na Biblioteca con Santi Prego e os seus Contos : Historias da lúa, de animais, un romance…. contos que marabillaron e fixeron reflexionar tanto aos pais coma aos nenos e nenas que nos acompañaron nesta tarde.
O venres, 4 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros) o obradoiro “Instantáneas de Plastilina” a cargo da escritora e ilustradora María Noel Toledo.
Despois de recibir unhas indicacións de como traballar a plastilina os rapaces organizáronse en grupos e comezaron a crear. Cada grupo fixo o seu fantástico mundo de plastilina enmarcado nun escenario de cartulinas e papeis de cores.
O resultado foi unha explosión de cor e imaxinación da que vos deixamos unha mostra.
O venres 4 de outubro contada de Pablísimo para os usuarios da Biblioteca de Valdoviño que se mostraron encantados de escoitar os “Contos de sobremesa”.
Séguenos