O mércores día 2 tivemos unha cita con VAN GOGH
A Biblioteca do IES Val do Asma de Chantada acolleu unha actividade de coñecemento da vida e obra dun dos grandes pintores dos S.XIX-XX, Vincent Van Gogh, titulado “UN DÍA CON VAN GOGH”, na que participou o alumnado de Carballedo e Chantada, de 1º e 3º da ESO.
A compañía Crearte, que foi quen impartiu o obradoiro fixou unha sesión teórico-práctica na que se lles amosaron ós/ás rapaces unha pequena mostra das obras deste singular artista, así como algunhas características da súa pintura e anécdotas da súa intensa e curta vida.