LEO LEÍÑO, NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL COA SÚA MAXIA CÓMICA




O día 26 de abril o contacontos “A orixe” de Raquel Queizás foi un éxito. Os nenos participaron na actividade relacionando sons e bailes cos diferentes continentes.O espacio quedou pequeno para o gran número de rapaces de diferentes edades que acudiron.

Coa acticvidade Mamá e Papá nos audiolibros. Obradoiro de gravación de audiolibros infantís”, crearonse espazos de divertimento, lectura e expresión oral e corporal. O próximo día dez de maio crearase na biblioteca un audioconto coa participación de nenos e adultos.


Para rematar coa celebración do “Día do Libro” contamos coa presenza, nas instalacións da Biblioteca Pública de Mos, de Elena Mª Carracedo a cal ofreceunos o obradoiro Marcapáxinas-lupa. Baseado na obra “O Quixote” os nen@s de 6 a 12 anos leron, actuaron e crearon un orixinal marcapáxinas.
Na Casa dos Fraga en Cambados, o pasado sábado 3 demos a benvida ao mes de maio cunha fermosa sesión de bebeteca da man da experimentada contadora de historias Charo Pita.
Grazas ao programa Ler conta moito palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un traquetriqui) deixáronse sentir na biblioteca, para que os que dormen no berce tamén puidesen gozar coas historias no colo daquelas (e daqueles) que ben os queren… e vaia se así foi!
Cubríronse o total de prazas dispoñibles e a actividade resultou todo un éxito que, de seguro, volveremos a repetir!
Aventuras na cociña a cargo de Trinketrinke Teatro.
Sábado 3 de maio
“Na aldea de Lonxedetodo ónde viven os Ratos de Biblioteca, hai unha ratiña moi vella á que todos chaman Avoa Violeta. A avoa Violeta está enferma, porque a pesar de ser vella leva unha vida moi activa practica artes marciais, mergullo a pulmón libre, corre maratóns, a parte de ser, como é obvio, unha insaciable lectora. Pois ben, a avoa Violeta quedou esgotada e non se move da cama”… Deste xeito dou comezo unha entretida mañá de sábado na que a Gran Lilí Gruyére visitou a Biblioteca municipal do Grove para contarlles aos nenos e nenas como ía acadar a recuperación da ratiña anciá.

Lilí Gruyére, seguindo a máxima clásica, “que os teus alimentos sexan a túa menciña”, preparou un delicioso e saudable menú cuxos pratos eran “Ensalada de casiñas de ananiños con redución de xoaniña do bosque”, “Caldeirada de Verduras á moda de Lonxedetodo” e “Festival de postres”.


Para entreter a todos os asistentes mentres preparaba este exquisito menú, agasallounos co relato de dous fantásticos contos: “Sopa verde” de Ângela Madeira & Till Charlier e “A vasixa no fondo da lagoa” pertencente ao libro “Mil años de cuentos”.




Ao final todos os asistentes cantaron e bailaron ao ritmo da canción de Lonxedetodo e puideron sacarse fotos coa Ratiña Lilí Gruyére. Nenos e adultos pasárono en grande e aprenderon a preparar pratos riquísimos e saudables.

Os contos resultaron interesantes en canto que supoñen unha “renovación” dos contos tradicionais, xa que modificaron e engadiron novos argumentos e personaxes, ata facelos completamente descoñecidos, o que lles permitiu rachar cos esteriotipos e introducir novos valores, ausentes nos contos tradicionais, especialmente no relativo a outorgarlle maior protagonismo ás mulleres.
Para rematar o mes do libro disfrutamos da representación de Trinketrinke Teatro “Aventuras na cociña”. A partires de contos e cancións pretende promover hábitos saudables na alimentación. Asistiron os nenos de primeiro ciclo de primaria. a actividade foi reforzada por una exposición e unha guía de lectura dos contos de cociña que poden atopar na biblioteca.
O día 30 de abril tivemos a Manuel Solla na biblioteca de Covelo representando o contacontos “Conto contigo” para os nenos de 4 a 8 anos do colexio de Covelo. Espéctaculo moi ameno e divertido onde os nenos disfrutaron e participaron co humor e inxenio do autor.
A B.P.M. de Santa Comba realizou os días 22, 23, 24 de maio uns obradoiros infantiles. O seu obxetivo e conectar aos nen@s co mundo dos libros, o cine, a fotografía e as artes plásticas, mediante o “stop-motion”, unha técnica de animación que consiste na creación da imaxe en movemento, a partires da imaxe fixa.


Séguenos