Maxia Cómica. Leo Leiño
O xoves 28 de agosto recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a visita de Leo Leiño co seu espectáculo de maxia cómica que fixo as delicias dos mais pequenos.
O xoves 28 de agosto recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a visita de Leo Leiño co seu espectáculo de maxia cómica que fixo as delicias dos mais pequenos.
<img class="alignnone size-full wp-image-7316" alt="Merlos. Miro Magariños" src="http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/08/DSC_0002.jpg" width="600" height="401" /
O mércores día 27 de agosto recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a Miro Magariños e o seu espectaculo Merlos, cunha gran calidade de escenificación, facendo pasar un moi bo momento, tanto a maiores como a nenos. Destacar o seu bo oficio.
O martes día 26 de agosto recibimos na biblioteca de Ponte Caldelas a visita de Migallas Teatro co seu espectáculo “Merenda Pan de Millo”, deleitando a pequenos e maiores cos contos de Kalandraka e a música tradicional nas voces de Carlos e María. Moito éxito de participación.
O día tres de abril, a Biblioteca Pública Municipal de Meira, recibiu a Sarabela Teatro dentro do programa de Ler Conta Moito, representando “Conto Espress”. Estivo dirixida ós nenos de segundo e terceiro ciclo de primaria.
O día 24 de abril, a Biblioteca Pública Municipal de Meira tamén recibiu a actividade de “Non máis guerras” dentro do programa de Ler Conta Moito, a representación veu da man de Trinketrinke Teatro e iba dirixida ós nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria.
Calquera das programacións foron enfocadas a tódolos alumnos do CEIP de Meira co fin de que tódolos nenos viñeran a visitar a Biblioteca e aproveitar esta saída para levar a cabo as sesións de contacontos.
Foron dúas actuacións espectaculares nas que os nenos e nenas o pasaron en grande logrando sempre por parte dos actores o obxectivo de estender a promoción da lectura e de implicar ós máis pequenos no mundo dos contacontos.
Ca axuda dos nenos e Minia Regos, os personaxes dos contos da nosa biblioteca cobraron vida e transformáronse en personaxes de animación. Os nosos nenos convertéronse en directores, realizadores, creadores e dobradores de cine.
O pasado luns rematou a última das 8 sesións do obradoiro de teatro que realizamos con Teatro Buratini durante as actividades de verán das Axencias de Lectura e a Biblioteca en Cambados, grazas ao programa da Xunta Ler Conta Moito. Durante este tempo “O lápis máxico” permitiu, aos 16 integrantes do curso, escribir a fermosa historia “Unha estrela de verdade” , aprendendo igualmente a crear e manexar títeres. O resultado non puido ser máis divertido e enriquecedor…
Documento sin título
Na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña tivemos a sorte de desfrutar dun Obradoiro de ilustración. Os ilustradores de OINK!– a revista do Xabarín Club- (neste caso Ana Santiso) puxéronse mans á obra para dar a coñecer o mundo da banda deseñada á xuventude a través dun taller creativo que tivo lugar do 18 ao 20 de agosto na sala infantil da propia biblioteca onde os rapaces e rapaces de 10 a 15 poideron desfrutar das clases maxistrais a cargo de Ana Santiso.
Despois de coñecer as distintas escolas (as máis coñecidas) e as diferencias entre ambas (a americana, a europea e a xaponesa) os artistas puxéronse man á obra e crearon as súas propias tiras.
Eugenia Muñoz fíxonos viaxar ao Antigo Exipto a través dos xeroglíficos e dun papiro esnaquizado que encerraba un misterio. Tamén realizamos unha figura dun escaravello e un marcapáxinas que contiñan unha mensaxe.



Minia Regos e os nosos nenos internáronse no mundo do cine, transformaron contos da nosa biblioteca en curtos de animación.
Obradoiro de creación de imaxes en movemento a partir de debuxos e imaxes fixas feitas de plastilina


Séguenos