Saltar a ligazóns de pé de páxina
07/10/2015



O martes 6 de outubro gozamos dunha tarde extraordinaria co espectáculo Merenda con pan de millo, a cargo de MIGALLAS. A mestura sinxela e, ao mesmo tempo elaborada, de música, narración oral, cancións, dramatización … aderezado todo con retranca, empatía e agarimo sendo o fío condutor a elaboración do pan.
Sesión maxistral na que rimos, cantamos, bailamos, tanto os nenos como os adultos, lembrando a memoria dos nosos avós e avoas .
Saltar á cabeceira