MAXÍA CÓMICA CON LEO LEIÑO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO” DE SANTA CRUZ (OLEIROS)
O mércores, 7 de outubro, visitou Leo Leiño a biblioteca co seu espéctaculo de maxia divertida e sorprendente. Destacar en primeiro lugar o gran montaxe escénico de música e luces que captou a atención do público familiar que abarrotaba a sala. Xogos sorprendentes que obrigan a abrir os beizos nun primeiro Oooohhhh¡¡¡…. que xa non remata ata o final do espectáculo.

Maxia Cómica. Leo Leíño
Leo transpira pasión pola maxia e eso é o que transmitiu aos nenos e nenas que onte asistiron á sesión na biblioteca, toda esta pasión convertiuna, nun último xogo visual, en enerxía que o público lle achegou en forma de pequenas boliñas máxicas de cores que Leo enguliu, deste xeito retornará noutra ocasión á nosa biblioteca con enerxías renovadas. Todo dun xeito gracioso con grandes doses de humor.