
O pasado día 26 de outubro, os rapaces e rapazas, así como os adultos que os acompañaban, disfrutaron na Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, do espectáculo “Contos para un caldiño” de Baobab Teatro. Con música, teatro e danza, os grandes protagonistas foron os asistentes, que participaron activamente da actividade.
O día 16 de Abril, tivemos a ocasión de disfrutar cos “Contos ao revés” de Xanela Ocio na Biblioteca Pública Municipal de Miño, traballando a igualdade e o respeto, con historias nas que as bruxas son boas e as raiñas se volven reis..
.

O pasado día 21 de Maio, os rapaces e rapazas de Miño, disfrutaron co espectáculo de Pavís Pavós, “Palma e repalma, contos para bebés”

Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar cadaquén a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos, ¡pero… ai! Coidado e prudencia, con cautela temos que escoitar algún dos seus relatos, tamén cousas escalofriantes contan estes libros, pois de todo lles pasou.
E con todo, todiño, divertímonos unha chea na Axencia Municipal de Lectura de Chapela, conmemorando o Día da Biblioteca con Carme Domech e as historias que cada libro “persoalmente” íanos contando
O sábado 24 de outubro tivemos unha visita moi especial na biblioteca. Xosé Tomás nos ensinou a orixe da banda deseñada, todos os tipos que existen e tamén nos mostrou técnicas de debuxo. O pasamos en grande e ademáis, aprendimos moito con él. Co “obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cadriños” xa temos unha boa base para chegar a ser uns expertos na banda deseñada!



O sábado 24 de outubro tivemos o contacontos Conto contigo feito magníficamente por Manuel Solla.
Deixou historias e momentos máxicos, literalmente.
Cheo ata os topes e moita ledicia esa mañá.

O 24 de outubro , Día Internacional da Biblioteca, conmemorámolo coa escritora Concha Blanco, na Biblioteca Municipal de Muxía. Concha trouxonos a charla “Muller- Educación. Binomio fantástico”
Foi una charla moi didáctica que puxo de relevo a grande importancia que ten a educación na loita pola igualdade de oportunidades, e tamén como foron moitas mulleres as que conseguiron que esa educación e a formación foran accesibles ás mulleres de hoxe.
Rematou a charla cun fermoso conto sobre a muller e a emigración, sobre as viúvas de vivos – e as fillas desas mulleres- que aguantaron da casa, a familia, do país…soas.
Unha charla moi amena e didáctica, moi recomendábel tanto para centros de ensino, como para público en xeral.
Grazas, Concha
O sabado día 24 de outubro moitos nenos e nenas viñeron a celebrar o día da Biblioteca connosco. Visitounos O Aviador, quen lembrou con todos nós cando nunha das súas moitas viaxes atopouse cun moucho que lle contou que tiña un gran problema. O moucho era feliz cando escurecía e polas noites, pero sentíase moi triste cando comezaba a saír o sol. O aviador intentou axudalo pero deuse conta de que neste planeta non se pode vivir sen sol.
A narración oral estivo acompañada por música, monicreques, sombras chinesas e diversos obxectos.


Séguenos