Maxia cómica para todo o público, sempre con relación cos libros e con escritores, contando historias relacionadas con xogos.
O xoves, día 15 de outubro, na Biblioteca de Lorbé o pasamos estupendamente con Xandobela, co espectáculo “Pan e auga? Sopas!”.
A actividade ten dúas parte, a primeira é un contacontos con historias de tradición oral, moi divertidas e sorprendentes. A segunda é un obradoiro de cociña, anímse aos participantes a “papar un rato”, pero non un rato calquera, un moi apetecíbel e saboroso.
Apetéceche un rato!!!!
Dentro do seu periplo por Cambados, Pablísimo non podía deixar de visitar a ALM de Castrelo, onde os pequenos, e non tan pequenos, puideron gozar onte das divertidas historias que se mesturan no seu Contiario… non se pode celebrar mellor o Mes das Bibliotecas!
Velaí van algunhas fotos…
Na tarde do xoves día 15 de outubro unha gran cantidade de público asistiu á actuación de maxia cómica impartida por Leo Leiño. Os espectadores pasaron unha tarde divertida ao mesmo tempo que contemplaban os diversos números de maxia, tanto os nenos e nenas, como os pais que acudiron á función saíron moi satisfeitos da mesma.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O Contiario de Pablísimo segue en ruta polas axencias de lectura de Cambados para celebrar o Mes das Bibliotecas… onte foi o turno de Corvillón, onde case 50 persoas gozaron de divertidas historias.
Deixámosvos algunhas imaxes que amosan o bo rato que pasaron…
O día 6 de outubro, chegaron á nosa Biblioteca, dous investigadores mariños, Tero e Lucho, da compañía “Os Quinquilláns”, que deleitaron ó público contando ás distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. Tras representar o espectáculo, os dous tripulantes organizaron unha expedición aos fondos mariños levándose consigo ó público, onde descubrimos unhas fantásticas e luminosas especies mariñas.
Se o pasado venres o Contiario de Pablísimo iniciaba a súa visita na ALM de Oubiña en Cambados, para celebrar que Outubro é o Mes das Bibliotecas, onte foi o turno de Vilariño.
Nenos e pais puideron gozar dunha ristra de contos do máis diverso… e divertido!
Achegamos algunhas das imaxes…
Despois da estupenda acollida que tivo a maga Leo Leíño na nosa biblioteca o ano pasado, por aclamación popular, volvemos a contar con ela este ano. E non defraudou.
O pasado xoves 8 de outubro ás 6 da tarde visitounos co seu ratiño, tivemos unha boa afluencia de público e os nenos pasáronno moi ben
Tódolos nenos querían subir ao escenario para facer de axudantes de mago. Ao final moitos dos os nenos subiron ao escenario para sacarse unha foto con Leo Leíño
O luns 5 de outubro, ás 6 da tarde veu a visitar a nosa biblioteca Leo Leíño cun espectáculo de maxia. Os nenos pasaron unha tarde moi divertida e quedaron encantados coa actuación.


Séguenos