“Contos de ida e volta” con Charo Pita na B.P.M. de Vilagarcía de Arousa
O 23 de abril, “Día internacional do Libro”, a biblioteca realizou unha sesión de contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos que leva por título “Contos de ida e volta”. O espectáculo correu a cargo de Charo Pita que ademáis de narrar historias e contos, cantou e fixo malabares, deixando embelesado ao público asistente. A actividade rematou coa construcción dunha árbore, utilizando exemplares de libros.