“CAMIÑO DE HISTORIAS”de MIGALLAS TEATRO na B.P.M. de VALDOVIÑO

Migallas teatro con ” Camiño de historias ” pon punto e final ás actividades que con motivo da celebración do Día do Libro se realizaron para todos os amigos da B.P.M. de Valdoviño .

Migallas teatro con ” Camiño de historias ” pon punto e final ás actividades que con motivo da celebración do Día do Libro se realizaron para todos os amigos da B.P.M. de Valdoviño .
O grupo Ghazafelhos presentou o seu espectáculo contos de lobo, unha actividade, dinámica moi participativa e en clave de humor. 

Os nen@s pasárono pipa con Carmiña miudíña, a pinga que quería ser científica na Casa da Cultura de Porto do Son.


O pasado mércores, 20 de maio, celebramos o Día do Libro con Animar-t na Biblioteca de Darbo. O público quedou marabillado coas historias e as cancións de Miguel Strada.

A Biblioteca Municipal de Lourenzá celebrou o dia do libro cun espectáculo titulado Bibliocanta, onde os nenos e nenas participantes desfrutaron dos ditos de antes e bailaron ó son de cancións de antaño
O sábado 23 de abril, Día do Libro, un grupo de rapaces gozou do espectáculo de contos Cabaret Infantil Prodixio. As Irmáns Prodixio chegaron á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis para axudarnos a festexar este día tan especial e como vemos polas imaxes tanto maiores como pequenos participaron da actividade.

As irmáns Prodixio en Caldas

As Irmáns prodixio en Caldas


Obradoiro eminentemente práctico, onde cada participante realiza a súa páxina de cómic.
Santy Gutiérrez comeza polo texto: o guión literario e o guión en viñetas. Esto acompañado dunha páxina co esquema de catro viñetas en branco, onde haberá que ir seguindo o guión.
Unha vez lido o texto, debemos centrarnos no deseño do personaxe principal, o protagonista. Fixarnos nos seus xestos, nos seus movementos, etc.
Sinala a importancia da distribución de cada viñeta. Primeiro situar os textos e encerralos en “bocadillos”. Vai aproveitando para comentar os diferentes tipos de bocadillos, dependendo de cada situación.
Destaca tamén a importancia de cada plano, para mostrarnos os diferentes tipos de planos.
Intercala así teoría e práctica a medida que vai artillando a páxina. Desenvolve a actividade dunha maneira moi didáctica, pois partindo dunha práctica real, vainos achegando á linguaxe do cómic.
Trátase de que os participantes realicen o seu propio tebeo, disfruten debuxando e aprendan os recursos de expresión do cómic.

O día 24 de abril a Biblioteca Municipal de Vila de Cruces recibiu a visita de Magín Blanco con libros en-cantados. Trouxo un montón de libros e cancións infantís nas que os nenos participaron e pasaron un ratiño moi agradable.

O venres, día 22 de abril, visitou Leo Leiño a biblioteca co seu espectáculo de maxia divertida e sorprendente. Leo transpira pasión pola maxia e eso é o que transmitiu aos nenos e nenas que asistiron á sesión na biblioteca, toda esta pasión convertiuna, nun último xogo visual, en enerxía que o público lle achegou en forma de pequeñas boliñas máxicas de cores que Leo enguliu, deste xeito retornará noutra ocasión á nosa biblioteca con enerxías renovadas. Todo dun xeito gracioso con grandes doses de humor.

Día do Libro na Biblioteca Municipal de Quiroga. Espectáculo “Cantamos un Conto?” de Luis Vallecillo
Esta actividade desenvolveuse na salón de actos contiguo a biblioteca, o sábado día 23, para conmemorar o Día do Libro. Contou con moito público infantil e adulto . Resultou un espectáculo moi interesante e participativo grazas a interacción do artista co público tanto infantil coma adulto. Unha agradable actividade para fomentar o hábito de lectura.


Séguenos