“Poemas e contos con Manuel María” na B.P.M. “Rosalía de Castro” de Vilagarcía
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas a biblioteca programou o espectáculo que leva por título, “Poemas e contos con Manuel María” no que os contos e as historias pivotan ao redor dos poemas de Manuel María, que figuran como eixo conductor, acompañados da música de violín.
Marisa Irimia achéganos á poesía e á narración oral dun xeito musicado e lúdico, onde todos participan.









