A TITIRICLETA DO TITIRICLETEIRO NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
O titiricleteiro entrou na biblio pedaleando a súa titiricleta, acompañado do público, mentres tocaba a bocina.
Todos os nenos e nenas colaboraron con el, participando no desenvolvemento do conto, manexando os títeres, disfrazándose….
Tivemos o salón cheo.. para escoitar os contos do Titiricleteiro, contos da India, de Guatemala, de Bangladesh, na súa particular procura da paz no mundo.
Xogamos tamén á “Ximnasia da imaxinación” fomentando a lectura nesta celebración do “Día do Libro do 2016” e tamén o “Día dos libros que coidan da terra”.