DIVERMAXIA : UN MAGO NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O xoves 22 de setembro Paco, o divermago, visitou a biblioteca de Monforte de Lemos. Compartiu unha hora de ledicia con máis de cincoenta nenos e maiores. Os pequenos foron os magos dos libros por unha tarde e quedaron moi felices de participar nos trucos e trasnadas do mago. Nenos que se convertiron en músicos, galiñas, pavos, pintores… e todo o que a súa imaxinación é capaz de crear. Para rematar o mago compartiu con eles o tesouro dun pirata que non debeu ser moi malo ya que lles deixou algo moi doce.
Esperamos que volva pola biblioteca pois lles deixou un bo sabor de boca.