Dia da Biblioteca
A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrou o Dia das Bibliotecas con distintas actividades, exposicións, agasallo de libros e dúas sesións de contacontos teatralizados da man de Teatro Calavera titulado “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”. Despois do contacontos os nenos de Educación Infantil asistiron a un obradoiro de fondant, no que decoraron uns pasteis que logo comeron ou levaron para casa a ensinar aos seus pais.