31/03/2017
O 29 de marzo os/as nenos/as de Touro, recibiron a visita de Pablísimo. Chegou co Contiario cheo de contos para sorprender ós/ás máis pequenos/as.
Como se dun Bestiario se tratara, esta sesión de contacontos estrutúrase como unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo foi espertar a curiosidade polos libros, por “mergullarse” nos estantes da biblioteca e dar a coñecer os contos tradicionais e máis os contemporáneos. Apoiando a narración empregáronse franelógrafos, paneis debuxados, monicreques, música e por suposto a voz. No Contiario colleron todo tipo de contos: contos que empezaron ao revés, contos con moitos finais, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos – canción…
Sesión moi amena, participativa e chea de contido, que deixou un bo sabor de boca!


Séguenos