Un venres de conto
O pasado venres tivemos a gran alegría de contar con Pavís Pavós nunha sesión de contacontos para bebés dentro do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.
Dazanove nenos, cos seus correspondentes acompañantes, gozaron de variadas historias de tradición oral e actuais da man de Tareixa Alonso, axudada nalgúns momentos polo noso compañeiro, Cote.
A nota triste da tarde púxoa a ausencia de Xacobe que, por tristes motivos, non puido formar parte do dúo como é habitual; pero Tareixa deu todo de si, desdobrándose e convertendo a actividade nun exercicio de paixón e entrega.
Aquí todas as imaxes:






