Arte nos libros! Obradoiro creativo sobre Maruja Mallo
Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil recordando a figura dunha das artistas máis sobranceiras da vangarda artística do surrealismo español, a galega Maruja Mallo.
Fixemos un taller da man de Jose Luis Cousillas García, de Crearte Servizos Culturais, coa figura de Maruja como fío condutor, e como a arte, e sobre todo a arte surrealista, tamén está recollida e representada nos libros.
A vida de Maruja Mallo está chea de grandes aventuras, viaxes, as amizades que mantivo con por exemplo Dalí, Miró, etc… Unha muller afoutada, sen límites para a súa libertade, e que defendía o papel da muller en todos os ámbitos da vida. E con moita sorpresa e ledicia comprobamos o grande coñecemento que os participantes tiñan dela.
A parte artística, logo de repasar a súa obra e de falar dos temas que lle gustaban, as paletas empregadas, e as composicións das súas obras, consistíu en afondar nese imaxinario coa interpretación propia de cada neno. Uns artistas!!, e un bó comezo para rematar na casa e adornar a habitación de cada quen.
















En conmemoración ao DÍA DO LIBRO celebrado este domingo 23 de abril, onte luns pola tarde coa comunidade escolar de secundaria do CPI Mosteiro, descubrimos que un libro amais de ser lido, donde nos contan historias e transmiten ideas e coñecemento; tamén podemos escoitalo a través dunha lectura musical interpretada. E así foi cun formato de charla-concerto como, SIRGO TORCENDO nos deixou introducir nese universo oculto que agochan as obras, interpretado con instrumentos como portativo, laúde, cítola, frauta, guitarra, arpa e unha espectacular voz, facendo protagonistas obras que forman parte do fondo da nosa biblioteca e en especial á literatura galega.










Séguenos