16/05/2017
O pasado venres 12 de maio, Larraitz visitou a axencia de lectura municipal de Areas para presentar o espectáculo “Babacontos con Carlos Casares”. Unha actividade de animación especialmente dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. O espectáculo iniciouse ás 12.30 con nenos do Colexio Rural Agrupado “A Picaraña” no salón de actos anexo á biblioteca, da Casa Cultural Artística e Deportiva de Areas donde está situada a axencia de lectura, cunha duración aproximada de 50 min.
Aproximadamente eran 75 nenos e os seus correspondestes mestres, Larraitz, empregando as ferramentas da narración oral tradicionais, presentou alguns dos contos de Carlos Casares “Toribio e o contador de contos”, “A galiña azúl”, “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”… acompañando con música, animando a bailar os nenos coas mans… e finalmente xogando con globos de cor naranxa e de diferentes tamaños facendo de laranxas.
Esta proposta lúdica, que conta co apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia, formou parte da Celebración das Letras Galegas, lembrando ao escritor Carlos Casares.
Finalmente queremos agradecer ao Colexio Rural Agrupado “A Picaraña” (nenos e profesorado) pola súa colaboración.


Séguenos